José Altabella
José Altabella Hernández, nado en Caspe o 7 de marzo de 1921 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1995, foi un xornalista e profesor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1921 Caspe, España |
Morte | 28 de decembro de 1995 (74 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , profesor universitario |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Doutorando | Mirta Núñez (pt) |
Traxectoria
editarFoi bolseiro do Centro de Estudios Históricos, sección de Bibliografía (1935-1936). Despois foi bolseiro da Hemeroteca Municipal de Madrid (1947-1951), correspondente de L´Écho de la Presse et de la Publicité, colaborador de Gaceta de la Prensa Española (1942-72); Mundo Estudios de Información; Comunicación XXI, e AEDE, e xefe de sección de ABC de Madrid dende 1967.
Profesor da Escola Oficial de Xornalismo (1951-1975) e da Escola de Xornalismo da Igrexa (1966-1974). Cursou a carreira de Ciencias da Información, licenciándose en 1976 coa primeira promoción e foi nomeado profesor desa Facultade da Universidade Complutense, sendo o primeiro catedrático de Historia do Xornalismo Español. Finou en Madrid o 28 de decembro de 1995.[1]
Obras
editarÉ autor de numerosos libros sobre historia do xornalismo. Ocupouse da prensa galega, sobre a que publicou os artigos:
- "El periodismo lucense hasta nuestros días", 11/8/1958, El Progreso.
- "Notas para una historia de la prensa en Orense", 1960.
- "Síntesis histórica del periodismo vigués", 1960-61.
- "Faro de Vigo y su proyección histórica", 1965. Con Francisco Leal Insua
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía Arquivado 13 de setembro de 2016 en Wayback Machine. na Enciclopedia Aragonesa