Abrir o menú principal

José Ángel Esmorís Tasende

futbolista español

José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Coristanco o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no PSV Eindhoven da Eredivisie.

Angeliño
Información persoal
Nome completo José Ángel Esmorís Tasende
Nacemento 4 de xaneiro de 1997 (22 anos)
  Coristanco
Nacionalidade España
Altura 1,71 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual PSV Eindhoven
Número 6
Carreira xuvenil
2001–2007 Luis Calvo Sanz
2007–2013 Deportivo da Coruña
2013–2014 Manchester City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2018 Manchester City 0 (0)
2015New York City (cedido) 14 (0)
2017Girona (cedido) 0 (0)
2017Mallorca (cedido) 17 (0)
2017–2018NAC Breda (cedido) 34 (3)
2018– PSV Eindhoven 26 (1)
Selección nacional
2013 España sub-17 1 (0)
2018– España sub-21 2 (0)
2016– Galicia 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 21 de agosto de 2018.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 19 de novembro de 2018.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros pasosEditar

Angeliño uníuse ó Deportivo da Coruña en 2007 con dez anos de idade, tras comezar a xogar ó fútbol nas escolas de fútbol Luís Calvo Sanz de Carballo[1][2]. Xogou durante seis anos nas categorías inferiores do Deportivo.

Manchester CityEditar

O 8 de xullo de 2012, Angeliño asinou un contrato de catro anos co Manchester City FC, facéndose efectivo en xaneiro do ano seguinte[3]. Inicialmente asignado ó equipo sub-18, xogou regularmente co equipo de reservas con só dezaseis anos[4].

0 2 de decembro de 2014, Angeliño estivo no banco de suplentes do primeiro equipo no partido que gañou o Manchester City por 4–1 no campo do Sunderland[5].

O 30 de xaneiro de 2016, Angeliño debutou co primeiro equipo na vitoria na casa do Aston Villa por 4–0 nunha eliminatoria da FA Cup, substituíndo a Clichy no minuto 81[6].

New York City (cedido)Editar

Angeliño foi cedido ó New York City FC en 2015[7]. Debutou co equipo profesional o 12 de xullo de 2015 no empate 4–4 contra o Toronto FC[8]. O seu primeiro partido como titular foi contra o New England Revolution, xogando os 90 minutos[9].

NAC Breda (cedido)Editar

Na tempada 2017/18 xogou no NAC Breda holandés e foi elixido, aos seus 21 anos, o mellor lateral esquerdo da Liga holandesa, o que provocou que o PSV lle ofrecese ao City sete millóns polo seu traspaso[10].

Participación na selecciónEditar

Debutou en novembro de 2013 coa Selección española de fútbol sub-20 nun partido contra a Alemaña.

O 20 de maio de 2016, xogou coa Selección Galega un partido amigable, no estadio de Riazor, contra a Selección de Venezuela que rematou con empate a 1. Neste partido Angeliño foi titular.

NotasEditar

  1. "Angeliño regresó a As Eiroas en Carballo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2015. 
  2. "Angeliño, un coristanqués que crece a pasos agigantados". Adiante Galicia (en castelán). 4 de decembro de 2014. 
  3. "El City ficha a otro joven talento gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2012. 
  4. "Angeliño asombra a Europa". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2013. 
  5. Johnston, Neil (2 de decembro de 2014). "Sunderland 1-4 Manchester City". BBC Sport (en inglés). 
  6. "Aston Villa 0-4 Manchester City" (BBC Sport) (en inglés). 30 de xaneiro de 2016. 
  7. "New York City FC Sign Angelino on Season-Long Loan" (en inglés). 
  8. "New York City FC v Toronto FC". MLS MatchCenter (en inglés). 
  9. "New York City FC at New England Revolution: Match Recap" (en inglés). 
  10. "Angeliño: «Decían que era bajo para ser futbolista»". La Voz de Galicia. Consultado o 04/06/2018. 

Véxase taménEditar