Josèphe Jacquiot

numismática e política francesa


Josèphe Jacquiot, nada o 24 de abril de 1910 en Loches (na rexión, Centro-Val de Loira) e finada o 2 de agosto de 1995 en Villeneuve-Saint-Georges (na Illa de Francia), foi unha numismática e política francesa, membro da Resistencia durante a II guerra mundial.[1][2][3][4]

Infotaula de personaJosèphe Jacquiot
Biografía
Nacemento24 de abril de 1910
Loches, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1995 (85 anos)
Villeneuve-Saint-Georges.
Illa de Francia.
Francia
Mayor of Montgeron (en) Traducir
1945 – 1945 – Armand Cachat (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
EducaciónEscola do Luvre.
Coñecido por- Estudos de medallas e fichas comeciais da Idade Moderna.
- Conservadora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
Actividade
Campo de traballoNumismática (medallística).
Ocupaciónpolítica , membro da resistencia francesa , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Josèphe era filla de Charles Jacquiot (1879-1938), profesor da Escola de Maxisterio de Loches e posteriormente na de Versalles. Graduouse en estudos superiores de Historia, Arqueoloxía, Xeografía e Historia da Arte, e foi tamén alumna da Escola do Louvre.[3] Logo do falecemento do seu pai en 1938, a familia instalouse na vila de Montgeron, ao sueste de París.[1][4]

Dedicouse particularmente ao estudo da numismática, materia da que foi profesora na Escola Práctica de Ciencias Económicas e Sociais, na Escola do Louvre e na Monnaie de Paris. A numismática (particularmente o relativo ás medallas e ás fichas comerciais) converteuse no centro de interese de toda a súa carreira profesional, ata se converter nunha autoridade nesta materia, o que a levou, en 1959, a ocupar o posto de conservadora do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.[1][2]

Durante a ocupación de Francia por Alemaña na II guerra mundial, Josèphe uniuse á Resistencia, da que foi unha das figuras locais.[1]

Despois da guerra foi elixida alcaldesa de Montgeron en maio 1945, encabezando unha candidatura centrista, o que a converteu nunha pioneira na ocupación dun cargo político por elección en Francia. Á súa xestión débeselle a creación do instituto de ensino secundario de Montgeron en 1946, o primeiro de carácter mixto e o primeiro dos suburbios de París, así como un centro de protección da maternidade e unha biblioteca municipal.[3][4] Logo das eleccións municipais de outubro de 1947, a súa lista non puido pasar do terceiro posto, o que lle supuxo ter que deixar a alcaldía da vila.[1]

Josèphe Jacquiot creou tamén a Sociedade de Historia de Montgeron, da que foi a súa primeira presidenta.[1]

Publicacións editar

Monografías editar

  • (1951): Histoire de Paris d'après les médailles de la renaisance au XXe siècle (con Jean Babelon). París. Imprimerie nationale.
  • (1965): Ce que l'Académie roayle des Inscriptions et Médailles a fait pour la Ville de Lyon. París. Bibliothèque nationale.
  • (1968): Médailles et jetons de Louis XIV d'aprè le manuscrit de Londres. 4 volumes. París. Imprimerie nationale.[5]
  • (1970): La Médaille au temps de Louis XIV (catálogo de exposición). París. Hôtel de la Monaie.
  • (1979): L'Invisible dans la médaille (catálogo de exposición). París. Musée monétaire.

Escolma de artigos editar

Museo Josèphe Jacquiot editar

En 1993 fundou o Museo Municipal de Montgeron, que enriqueceu cunha importante doazón persoal e que na súa hora leva o seu nome. O museo xira arredor de catro temáticas principais: a numismática, a exiptoloxía, o Extremo Oriente (salientan as estampas xaponesas dos mellores artistas do período Edo) e a historia local.[1][2][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Biographie de Josèphe Jacquiot". Musée Josèphe Jacquiot.
  2. 2,0 2,1 2,2 Himelfarb, H. (1996). "Josèphe Jacquiot". En Cahiers Saint-Simon. 24. Páxinas 134-135.
  3. 3,0 3,1 3,2 Dehaye, P. (1993): "Eloge à Josèphe Jacquiot". Musée Josèphe Jacquiot.
  4. 4,0 4,1 4,2 Chevallier, C. (2018). "Josèphe Jacquiot, première femme maire de Montgeron". En Le Parisien. 19 de abril.
  5. Ver comentario do libro por Marcel Bataillon (en Journal des Savants. 1972. nº 2. Páxinas 142-1952).
  6. "Musée municipal Josèphe Jacquiot". Ville de Montgeron.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar