Jorge Eliécer Gaitán

político colombiano

Jorge Eliécer Gaitán Ayala, nado en Bogotá o 23 de xaneiro de 1898[1] e finado ibídem o 9 de abril de 1948, foi un xurista, escritor e político colombiano. Foi reitor da Universidade Libre (Colombia) entre 1936 e 1939, da cal, ademais, foi catedrático de Dereito Penal dende 1931 até a súa morte.[2] Foi alcalde de Bogotá no ano 1936, titular en dous ministerios (Educación en 1940 e Traballo en 1944) e congresista durante varios períodos entre 1929 e 1948. Tamén foi candidato presidencial disidente do Partido Liberal nas eleccións de 1946 e o seu posterior xefe único, ademais que ía ser o candidato oficial do partido para as presidenciais de 1950 (que finalmente se desenvolveron en 1949 debido ó seu asasinato).[3]

Jorge Eliécer Gaitán
Nacemento23 de xaneiro de 1903
Lugar de nacementoBogotá
Falecemento9 de abril de 1948
Lugar de falecementoBogotá
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeColombia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Nacional de Colombia
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, avogado e xurista
FillosGloria Gaitán
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gaitán forxouse unha reputación como orador e defensor das causas populares, que consolidou grazas ás súas intervencións no debate sobre o masacre das Bananeras de 1928.[4] O seu asasinato produciu enormes protestas populares inicialmente en Bogotá e logo a nivel nacional coñecidas como o "Bogotazo", e o inicio dun período sanguento na historia do país coñecido como "A Violencia".[5][6]

As hipóteses sobre o crime de Gaitán mutaron co pasar dos anos; dende a teoría do asasino solitario ata que foi produto dunha conspiración internacional para evitar a chegada do socialismo, que naquel entón era igual que dicir comunismo, ó poder en Colombia.[7][8][9] O 9 de abril do 2018, 70 anos despois do magnicidio de Gaitán, a Comisión da Verdade de Colombia (comisión creada no marco dos Acordos da Habana para a desmobilización da guerrilla das FARC) anunciou que solicitará á Fiscalía Xeral da Nación declarar este crime como delito de lesa humanidade, para así reabrir a investigación sobre as verdadeiras causas que motivaron o asasinato.[10]

Notas editar

  1. Henao Hidrón, Javier. Uribe Uribe y Gaitán, caudillos del pueblo. Medellín: L. Vieco e Hijas Ltda. ISBN 9789583501791. 
  2. Baena Upegui. "Rectores de la Universidad Libre". Universidad Libre. Libro de Oro (en castelán). Bogotá: Escala. ISBN 978-958-33-0250-3. 
  3. Afiche oficial de campaña
  4. "Jorge Eliécer Gaitán 1898-1948. Oportunidad frustrada". 4 de abril de 1999. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  5. "Jorge Eliecer Gaitán". 11 de setembro de 1998. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  6. "Gaitán: el impacto y el síndrome del 9 de abril". abril de 1988. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  7. "El círculo de conspiraciones sobre el 9 de abril de 1948". 9 de abril de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  8. "Los mitos del Bogotazo". 29 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  9. "Muerte de Gaitán, una venganza personal". 6 de marzo de 2001. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  10. http://www.elpais.com.co/colombia/pediran-a-la-fiscalia-que-crimen-de-gaitan-sea-de-lesa-humanidad.html