Jorge Domínguez Rosal
Jorge Domínguez Rosal, nado en Meaño o 29 de xuño de 1959 e finado o 20 de novembro de 2012 en Pontevedra[1], foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1959 Meaño, España |
Morte | 20 de novembro de 2012 (53 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | cancro |
Alcalde de Meaño | |
1991 – 20 de novembro de 2012 (finado no cargo) – Lourdes Ucha Varela → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarEnxeñeiro técnico agrícola e técnico superior en Riscos Laborais de formación, logo de trece anos residindo en Sanxenxo volveu a Meaño en 1985 para ocupar unha praza de funcionario. Formou parte de Coalición Galega, sendo membro do seu comité local en Sanxenxo e candidato ao Congreso dos Deputados en 1986. Posteriormente pasaría a formar parte do PNG-PG, trala escisión destes de CG, e foi elixido secretario local da formación en Sanxenxo.
Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de Independentes de Meaño e foi elixido alcalde da localidade por maioría absoluta. En 1995 foi reelixido alcalde ó lograr unha ampla maioría de 11 concelleiros de 13. Nese mandato foi vicepresidente da Mancomunidade do Salnés. En 1999 volveu a ser reelixido cunha maioría de 10 concelleiros. En decembro de 2001 incorpórase ó PPdeG, polo que nas municipais de 2003 encabezou a súa candidatura e volveu ser elixido alcalde por unha ampla maioría absoluta, de novo 10 concelleiros, mesma situación que se repetiu no 2007. Neses dous mandatos (2003-2011) foi presidente da Mancomunidade do Salnés. En 2011 foi reelixido alcalde, de novo cunha maioría absoluta de 10 concelleiros. Nese mandato foi elixido deputado provincial[2].
Faleceu de cancro o 20 de novembro de 2012, aos 53 anos.
Predecesor: Germán Manuel Rodiño González |
Alcalde de Meaño 1991 - 2012 |
Sucesor: Lourdes Ucha Varela |