Jorge Víctor Sueiro

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Jorge-Víctor Sueiro»)

Jorge Víctor Sueiro Rodríguez, nado en Ribasar (Rois) en 1934[1][2] e finado en Madrid o 25 de xaneiro de 1991, foi un escritor e xornalista galego, especializado na crítica gastronómica.

Infotaula de personaJorge Víctor Sueiro
Nome orixinal(gl) Xurxo Víctor Sueiro
(es) Jorge Víctor Sueiro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor em Wikidata
Ribasar, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDaniel Sueiro Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5080255

Traxectoria editar

Fillo de José Sueiro Danza, mestre nacional da escola de Ribasar, e Ramona Rodríguez Fernández. Traballou como xornalista en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Asturias. Tamén foi subdirector de Pyresa, a axencia de noticias da España franquista e redactor xefe de Televisión Española. Colaborou tamén con diversas revistas gastronómicas. Foi coordinador do grupo Amigos de la cocina gallega.[3]

Está soterrado no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Obra editar

  • Comer en Galicia (1981).[4]
  • Manual del marisco (1981).
  • Cocina y vinos de Galicia (1982).
  • Galicia. Las mil y una fiestas (1983).
  • Aguardiente, licores y queimadas (1984).[5]
  • Nuestros restaurantes y nuestras recetas (1984).
  • La cocina moderna en Galicia (1986).
  • Esmorgantes, canda Amparo Nieto (1990).
  • El libro del marisco (1981).
  • Galicia, romería interminable, canda Amparo Nieto (1992).

Vida persoal editar

Casou en Mondoñedo con Amparo Nieto Rial en xaneiro de 1955.[6]

Notas editar

  1. Dicionario biográfico de Galicia.
  2. Enciclopedia Galega Universal.
  3. Diario de Burgos, 26-1-1991, p. 52.
  4. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.
  5. Despois incluída na Biblioteca 114 de El Correo Gallego'.
  6. El Progreso, 6-1-1955, p. 5.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar