Jon Gondán

político español

Jon Gondán Cabrera, nado en Pamplona o 31 de xullo de 1991 é un político navarro, militante de Geroa Bai. É o alcalde de Zizur Nagusia (Navarra) dende o 13 de xuño de 2015.

Infotaula de personaJon Gondán
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Mayor of Zizur Mayor-Zizur Nagusia (en) Traducir
2015 –
← Luis María Iriarte Larumbe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGeroa Bai Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nas eleccións municipais de 2011, Jon Gondán ocupou o segundo lugar na candidatura de Nafarroa Bai ó concello de Zizur Nagusia, resultando elixido concelleiro en devanditos comicios. En novembro de 2012, trala división interna da coalición, Gondán fíxose coa portavocía e do liderado do grupo municipal.

Foi elixido candidato de Geroa Bai á alcaldía zizurtarra nas primarias celebradas o 3 de outubro de 2011, co 100% dos votos.[1]

Nas eleccións do 24 de maio de 2015, Geroa Bai logra 1.650 votos e colócase como segunda forza, a 333 papeletas da primeira, UPN. Este resultado, fai posible que o 13 de xuño de 2015, na sesión de investidura, fóra elixido novo alcalde de Zizur Nagusia en substitución de Luis María Iriarte Larumbe grazas ós 4 votos do seu grupo, 4 de EH Bildu, 2 de Zizur Unido (EU e Podemos) e AS Zizur.[2]

Gondán é o alcalde de Zizur Nagusia máis novo da historia e de Navarra durante ese mandato.

É reelixido candidato á alcaldía para as eleccións do 26 de maio de 2019, sendo Geroa Bai, novamente, segunda forza política, incrementando os seus votos até un total de 2.000, traducíndose en catro concelleiros. Os seus socios de goberno perden representación, pero grazas a un acordo con EHBildu (3) e a candidatura AS Zizur (2), logra a maioría na sesión de investidura, logrando revalidar a alcaldía.[3]

Notas editar

  1. "Jon Gondán será el candidato de Geroa Bai a la Alcaldía de Zizur Mayor". 4 de outubro de 2014. 
  2. "Jon Gondán (Geroa Bai) investido Alcalde de Zizur Mayor con el 65% de los apoyos". 14 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  3. "El Alcalde Jon Gondán (Geroa Bai), reelegido por mayoría absoluta". 15 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019.