Jon Brockman

baloncestista estadounidense

Jonathan Rodney Brockman, nado o 20 de marzo de 1987 en Snohomish, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Jon Brockman
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 20 de marzo de 1987 (37 anos)
Washington Snohomish, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (5 ft 7 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Snohomish (Snohomish, Washington)
Universidade Washington (2005–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 38
Por Portland Trail Blazers
Carreira 2009–2016
Historial de equipos
Sacramento Kings (2009–2010)
Milwaukee Bucks (2010–2012)
Limoges CSP (2012–2013)
Élan Chalon (2013–2014)
Riesen Ludwigsburg (2014–2016)

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fico medias de 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido.[1] No seu debut conseguiu un dobre-dobre ante Morgan State, con 17 puntos e 10 rebotes.[2] Esa tempada acabou con 215 rebotes, a segunda mellor marca dun novato na historia da universidade.[3]

Ao ano seguinte foi incluído por primeira vez no mellor quinteto da Pacific Ten Conference, tras liderar á conferencia en rebotes, con 9,6 por partido. Logrou 15 dobres-dobres ao longo da tempada,[3] destacando o conseguido ante Utah no segundo partido do ano, con 31 puntos e 18 rebotes.[4]

Tras ser o xogador que máis dobres-dobres fixo en toda a súa conferencia na súa terceira tempada, o último ano logrou de novo ser incluído no mellor quinteto da Pac-10, acabando a súa carreira de universitario como o único huskie da historia en lograr máis de 1800 puntos e máis de 1200 rebotes.[3]

Profesional editar

Foi elixido na trixésimo oitava posición do Draft da NBA de 2009 por Portland Trail Blazers,[5] sendo traspasado inmediatamente a Sacramento Kings xunto con Sergio Rodríguez a cambio dos dereitos do draft sobre a elección 31, Jeff Pendergraph,[6] e en setembro de 2009 asinou contrato cos Kings. O 21 de xullo de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks por Darnell Jackson e unha segunda rolda do draft de 2011.

O 27 de xuño de 2012, Brockman, Jon Leuer, Shaun Livingston e unha elección do Draft foron traspasados ós Houston Rockets a cambio de Samuel Dalembert e varias eleccións do Draft.[7]

Notas editar

  1. Ficha de Brockman en TDR
  2. "Washington 118, Morgan State 51". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "DRAFT 2009 Prospects - Jon Brockman". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  4. Washington 83, Utah 77[Ligazón morta]
  5. 2009 NBA Draft
  6. Kings-Blazers Trade
  7. Rockets Receive 12th Overall Pick Via Trade With Bucks. NBA.com. 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar