Jon Bojer Godal, nado en 1937 en Telemark, é artesán e un estudoso noruegués especializado na cultura tradicional nórdica.

Infotaula de personaJon Bojer Godal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Rauland Municipaity, Noruega (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , Norwegian public servant (en) Traducir , director de escola , silvicultor Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsIngvald Godal (en) Traducir e Tore Godal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vén focalizando o seu traballo nos usos da madeira en vivendas e embarcacións, e na carpintería de ribeira e as técnicas de navegación das embarcacións tradicionais.

Estudou na Escola superior de enxeñaría agrícola de Noruega (Norges Landbrukshøgskole). Foi director e profesor de cultura mariñeira na Escola superior popular de Rissa (Fosen Folkehøgskole i Rissa). Está rexistrado como artesán oficial do museo etnográfico de Maihaugen en Noruega.

Ten publicado traballos sobre usos dos materiais tradicionais. A súa obra máis extensa son os catro volumes sobre embarcacións dos fiordes (Åfjordbåt) e embarcacións das rexións do norte (Nordlandsbåt), que escribiu xunto con Gunnar Eldjarn.

Está interesado nas relacións entre as embarcacións nórdicas como o Geitbåt (o barco "cabuxa") e as dornas galegas.

Obra editar

  • Åfjordbåten og Nordlandsbåten (Embarcacións dos fiordes e das rexións do norte) volumes 1 a 4. Xunto con Gunnar Eldjarn. 1988 - 1990
  • Beresystemet i eldre norske hus (Sistemas construtivos nas antigas vivendas norueguesas). 1994
  • Tre til tekking og kleding' (A madeira nos solados e tellados) 1994
  • Tre til laft og reis (A madeira nos faiados e pendellos) 1994
  • Tre til båtar (A madeira nas embarcacións) 2001