Jon Andoni Goikoetxea

futbolista español
(Redirección desde «Jon Andoni Goikoetxea Lasa»)

Jon Andoni Goikoetxea Lasa, nado en Pamplona o 21 de outubro de 1965, é un exfutbolista español, que xogaba como extremo e lateral dereito. Considerado un dos mellores extremos españois da súa época, destacou nas filas de Osasuna, Real Sociedad, FC Barcelona e Athletic Club. Foi 36 veces internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 1994.

Goikoetxea
Información persoal
Nome Jon Andoni Goikoetxea Lasa
Nacemento 21 de outubro de 1965
Lugar de nacemento Pamplona
Altura 1,75 m.
Posición Extremo dereito
Carreira xuvenil
Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1985 Osasuna B 45 (4)
1985–1988 Osasuna 95 (20)
1988–1994 Barcelona 126 (6)
1988–1990 Real Sociedad 74 (10)
1994–1997 Athletic Club 92 (1)
1998 Yokohama Marinos 23 (0)
1998–1999 Osasuna 17 (0)
Selección nacional
1985 España sub-19 1 (0)
1985 España sub-20 5 (0)
1985–1988 España sub-21 12 (2)
1987 España sub-23 1 (0)
1990–1996 España 36 (4)
1988–1996 País Vasco 5 (1)
Na rede
FIFA: 50025 UEFA: 11595 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado na canteira de Osasuna, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei na tempada 1984/85, tres días despois do seu 19º aniversario.

Subiu definitivamente ao primeiro equipo na tempada 1985/86 e durante os seguintes tres anos acadou os 119 partidos e 25 goles co club navarro. O seu gran rendemento, sobre todo durante a campaña 1987/88, na que Osasuna rematou o campionato de liga na quinta posición, sendo o máximo goleador do equipo con 11 goles, valeulle a súa fichaxe polo Barcelona en 1988. O club catalán cedeuno á Real Sociedad por dúas tempadas como parte do pago ao club vasco das fichaxes de Bakero, Begiristain e López Rekarte.[1] Xogou un total de 94 partidos oficiais co equipo txuriurdin , co que marcou 13 goles.

Regresou ao Barcelona para a tempada 1990/91 e foi un xogador clave no primeiro título de liga do chamado "Dream Team", sendo elixido nalgunhas votacións como o mellor xogador do campionato. Militou durante catro tempadas no Camp Nou, gañando catro ligas, e xogou a histórica final da Copa de Europa 1991-92, que o seu equipo conquistou diante da Sampdoria.[2]

Ao final da tempada 1993/94 e, despois de que a súa participación no equipo se vira reducida, foi traspasado ao Athletic Club, nun troco por Eskurza.[3] Rendeu a bo nivel durante tres tempadas no club bilbaíno, pero quedou sen apenas minutos na tempada 1996/97. Xogou un total de 112 partidos coa camiseta branca e vermella, coa que marcou un gol.

En marzo de 1998, despois de case seis meses sen actuar co equipo vasco, trasladouse ao Xapón para xogar no Yokohama Marinos da J. League, adestrado por Xabier Azkargorta e onde coincidiu co seu excompañeiro Julio Salinas.[4][5] Militou no equipo nipón ata decembro de 1998, cando regresou á súa Navarra natal.[6] Pouco despois, en xaneiro de 1999, volveu ao seu primeiro club, Osasuna, desta vez na Segunda División, onde pechou a súa carreira deportiva ao remate desa mesma tempada.[7]

Uns anos despois da súa retirada como futbolista pasou a formar parte do equipo técnico de Osasuna, como segundo adestrador do Kuko Ziganda no equipo xuvenil primeiro, e máis tarde no filial e no primeiro equipo. Tamén xogou no equipo de fútbol indoor do FC Barcelona..

Na tempada 2009/10 foi segundo adestrador de Ziganda no Xerez.[8] Entre xaneiro e xuño de 2017 ocupou o cargo de director deportivo de Osasuna.[9][10]

Selección nacional editar

Internacional coa selección española sub-20, en 1985 proclamouse subcampión mundial da categoría na Copa do Mundo celebrada na Unión Soviética.[11] Posteriormente foi 13 veces internacional coa selección sub-21.

Debutou coa selección española absoluta en 1990, nun amigable contra o Brasil en Xixón. Foi convocado por Javier Clemente para o Mundial de 1994, nos Estados Unidos, onde tivo unha boa actuación, marcando dous goles, un contra Corea do Sur e outro contra Alemaña.[12] Xogou o seu último encontro internacional en febreiro de 1996, nun amigable ante Noruega.

Notas editar

  1. Pérez de Rozas, Emilio (18 de maio de 1988). "El Barcelona ficha a Bakero, Beguiristáin y Goicoechea". El País (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  2. "Uno de los nuestros: Jon Andoni Goikoetxea". Fútbol Club Barcelona (en castelán). 12 de maio de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  3. Castañeda, Eduardo (5 de agosto de 1994). "Casi podrían visitarse en bicicleta". Mundo Deportivo (en castelán). p. 8. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  4. "Goikoetxea dejará al Athletic". El País (en castelán). 16 de marzo de 1998. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  5. "La J-League habla español". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de marzo de 1998. p. 29. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  6. "Goiko: "No me apetece seguir jugando"". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de decembro de 1998. p. 10. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  7. "Tarde mágica en El Sadar". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xaneiro de 1999. p. 29. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  8. Zaballa, Carlos (11 de xuño de 2017). "Athletic. "Kuko es la persona idónea"". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  9. "Andoni Goikoetxea, nuevo director deportivo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  10. "Jon Andoni Goikoetxea: “He tenido mucho desgaste, toca parar”" (en castelán). 16 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  11. Díez, Óscar (1 de novembro 2014). "España en los mundiales sub’20: URSS 1985". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (59). ISSN 1989-6379. Consultado o 7 de novembro de 2022. 
  12. "Jon Andoni Goikoetxea: “No merecimos perder contra Italia en el Mundial 94”" (en castelán). 7 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar