John Stauffer Potter
John Stauffer Potter, nado en California o 1 de setembro de 1924 e finado en Martha's Vineyard (Massachusetts) o 4 de xaneiro de 2014[1], foi un empresario e escritor estadounidense.
John Stauffer Potter | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1924 |
Lugar de nacemento | California |
Falecemento | 4 de xaneiro de 2014 |
Lugar de falecemento | Martha's Vineyard |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | empresario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de John Stauffer Potter e Edna Lee Potter, medrou en Shanghai, e despois estudou na Escola de Linguas da Universidade de Colorado, e a Escola de Negocios de Columbia. Combateu na segunda guerra mundial, licenciándose como tenente en intelixencia naval. En 1947 graduouse na Universidade Harvard e iniciou varios proxectos empresariais na República Popular da China e Corea do Sur.
A partir dunha viaxe por Europa en 1954 comezou a interesarse por tesouros afundidos, e botou catro anos á procura do tesouro da batalla de Rande xunto con Owen Lee[2]. En 2002 asistiu á inauguración da exposición Rande 1702: Arde o mar no Museo do Mar de Galicia, onde recibiu unha homenaxe por participar no rescate dos corpos finados de varios pescadores de Moaña. Casado con Joan Coles Potter, tivo tres fillos.
ObraEditar
NotasEditar
- ↑ "Obituaries". Martha's Vineyard's Times (en inglés). 7 de xaneiro de 2014.
- ↑ Primitivo Carbajo (23 de outubro de 2002). "El tesoro de Rande". El País (en castelán).
- ↑ "Treasure divers of Vigo Bay". Amazon.
- ↑ "The treasure diver's guide". Amazon.
- ↑ "My first Nine Lifes". Amazon.
- ↑ Xesús Fraga (2 de outubro de 2017). "Un americano tras o tesouro de Rande". La Voz de Galicia.
- ↑ "On the track of the HMS Monmouth's galleon... and sunken treasure!". Amazon.