John Reed
John Reed, nado o 22 de outubro de 1887 en Portland, Oregon,[1] e finado en Moscova o 19 de outubro de 1920, foi un xornalista e escritor estadounidense e activista e político comunista.
John Reed | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de outubro de 1887 e 2 de outubro de 1887 |
Portland, Oregón | |
Falecemento | 17 de outubro de 1920 e 19 de outubro de 1920 |
Moscova | |
Causa | Tifo |
Soterrado | Necrópole da muralla do Kremlin |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade Harvard e Morristown-Beard School |
Ocupación | xornalista, poeta, escritor, guionista e sindicalista |
Cónxuxe | Louise Bryant |
Coñecido por | Ten Days that Shook the World e Insurgent Mexico |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Procedente dunha familia acomodada de Oregon, fíxose xornalista por influencia do seu pai, un rico industrial con conciencia social, quen o animou a denunciar as miserias do mundo. Cubriu como correspondente de guerra as frontes de Francia, Italia, Alemaña, Turquía e Rusia na Primeira Guerra Mundial. O réxime tsarista encarcelouno en 1916 polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso. É famoso pola súa obra Ten Days that Shook the World (en galego, Dez días que estremeceron o mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á revolución bolxevique.
De volta aos Estados Unidos en agosto de 1919 fundou o Partido Comunista dos Estados Unidos, mais tivo que fuxir da represión norteamericana, marchando de novo a URSS, onde falecería de tifo ao ano seguinte.
NotasEditar
- ↑ Peiró, Claudia (25-10-2017). "Quién fue John Reed, el gran testigo de la Revolución Rusa". infobae.com (en castelán). Consultado o 25-4-2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Reed |
BibliografíaEditar
- Reed, J. (2009) Diez días que estremecieron el mundo, Biblioteca Pensamiento Crítico, Público.
Ligazóns externasEditar
- Vidas Contadas en RNE (en castelán).