John L. Phillips

astronauta estadounidense
(Redirixido desde «John Phillips»)

John Lynch Phillips, nado en Fort Belvoir, Virxinia, o 15 de abril de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-100, STS-119 e Soiuz TMA-6 e foi membro da Expedición 11 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

John L. Phillips
Johnphillips v2.jpg
Datos persoais
Nacemento15 de abril de 1951
LugarFort Belvoir
Actividade
MisiónsExpedição 11, Soiuz TMA-6, STS-119 e STS-100
Tempo no espazo203,73 días
PremiosMedalla "Por Méritos na Exploración do Espazo"
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Phillips graduouse en matemáticas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1972 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade do Oeste de Florida en 1974. É máster e doutor en xeofísica e física espacial pola UCLA en 1984 e 1987 respectivamente.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1996, participando nas misións STS-100, STS-119 e Soiuz TMA-6 e sendo membro da Expedición 11 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 203,73 días no espazo.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Phillips, John Lynch" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2011). "JOHN L. PHILLIPS (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar