John Oliver Creighton

Astronauta estadounidense

John Oliver Creighton, nado en Orange (Texas) o 28 de abril de 1943, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-G, STS-36 e STS-48. Pasou un total de 16,85 días no espazo.[1]

John Oliver Creighton
Datos persoais
Nacemento28 de abril de 1943
LugarOrange
Actividade
MisiónsSTS-51-G, STS-36 e STS-48
Tempo no espazo16,85 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla do Aire, Medalha de Serviço Distinto da NASA, Eagle Scout e Oficial da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Creighton é graduado en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1966 e máster en administración da ciencia e da tecnoloxía pola Universidade George Washington en 1978.[1]

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978, converténdose oficialmente en astronauta en agosto de 1979, voando máis tarde nas misións STS-51-G, STS-36 e STS-48. Pasou un total de 16,85 días no espazo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Creighton, John Oliver" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar