John A. Garcia

John A. Garcia, nado en Galicia en 1949, é un emprendedor e filántropo estadounidense, fundador da empresa de videoxogos NovaLogic.[1][2].

John A. Garcia
Nacemento1949
Lugar de nacementoGalicia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterDePaul University
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Garcia naceu en Galicia mais marchou coa súa familia sendo neno para os Estados Unidos fuxindo da ditadura de Franco.[3][4][5] Estudou na London Film School e tentou fundar unha industria do cinema nos Emiratos Árabes Unidos. Trasladouse a California e ingresou na compañía Datasoft, da que chegou a ser vicepresidente. En 1985 fundou Novalogic, da que foi presidente ata a súa venda no 2016 a THQ Nordic. Entre os videoxogos que lanzaron están a saga Comanche e as sucesivas entregas de Delta Force.

Vida persoalEditar

É irmán do oncólogo Francisco Garcia-Moreno e pai de dous fillos.[3]

NotasEditar

  1. Corporate History - Novalogic.com
  2. "Intellivision Lives". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 MobyGames - John A. Garcia
  4. "U.S. Air Force extends invitation to NovaLogic; NovaLogic on hand for F-22 Raptor roll-out. - Free Online Library". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  5. "Leaked! Novalogic's Angel falls". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar