Johan Vasquiz de Talaveira

trobador castelán
(Redirección desde «Johan Vaasquiz de Talaveira»)

Johan Vasquiz de Talaveira foi un trobador castelán do século XIII.[1]

Infotaula de personaJohan Vasquiz de Talaveira
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que estudosos como Ramón Menéndez Pidal e Carolina Michaëlis propuñan a súa orixe galega, estudosos como Tavani e António Resende de Oliveira sosteñen que o máis probable é que sexa de Talavera de la Reina, de aí o sobrenome de Talaveira, puido pertencer a unha familia da pequena nobreza.[2][3] Estivo activo na corte de Afonso X[4] e na de Sancho IV.[1]

Obra editar

Consérvanse 19 obras, ademais dunha cantiga de amigo de dubidosa autoría.[5] Divídense en: sete cantigas de amigo, cinco cantigas de escarnio e maldicir, catro cantigas de amor e tres tenzóns[6] con Pedro Amigo de Sevilha, Johan Airas e Lourenço.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar