Joaquina García García
inventora galega
Joaquina García García, nada en Porto do Son en 1879 e finada en 1939, foi a inventora dun dos primeiros traxes de auga para a pesca.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Porto do Son, España |
Morte | 1939 (59/60 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | inventora , emprendedora |
Traxectoria editar
Joaquina García, coñecida polo alcume da Ghaxola, deseñou un traxe para que o seu pai, mariñeiro de profesión, fose ao mar e non se mollase. O bo resultado fixo que recibise encargos doutras xentes do mar interesadas nos traxes. Para atender tódalas peticións, que viñan de distintos puntos da costa española, tivo que montar un taller onde traballaron máis costureiras.[2]
Notas editar
- ↑ "Homenaje a las mujeres pioneras". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ Rodríguez Rodríguez, Anair 2019
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía editar
- Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442