Joaquim Rodrigues dos Santos Júnior

profesor e investigador portugués
(Redirección desde «Joaquim Santos Júnior»)

Joaquim Rodrigues dos Santos Júnior, coñecido como Joaquim Santos Júnior ou só como Santos Júnior, nado en Vila Frescainha (Barcelos) o 22 de maio de 1901 e finado en Águas Santas (Maia) o 12 de marzo de 1990, foi un profesor universitario e investigador portugués.

Joaquim Rodrigues dos Santos Júnior
Nacemento22 de maio de 1901
Lugar de nacementoVila Frescainha
Falecemento12 de marzo de 1990
Lugar de falecementoÁguas Santas
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónantropólogo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación e carreira profesional editar

Licenciouse en Ciencias Histórico-Naturais na Facultade de Ciencias da Universidade do Porto e en Medicina en 1932. Exerceu a medicina durante moi pouco tempo, téndose dedicado ao ensino e á investigación. Foi nomeado axudante da cátedra de Antropoloxía en 1932 e doutorouse en 1944, facendo o exame de Profesor Extraordinario en 1948. Entre 1936 e 1956 realizou varias misións de investigación en Mozambique, labor pioneira pola que segue a ser lembrado.

 
Joaquim Rodrigues dos Santos Júnior e Judite Campos en Mozambique en 1938.

Nunha das diversas misións de estudo antropolóxico a África, entre os anos 1936 e 1948, cando quería cazar unha rara bolboreta, sufriu unha grave caída que lle provocou certa xordeira, polo que comezou a utilizar un audiófono, ademais dunha incapacidade permanente nunha perna, que o obrigaba a camiñar apoiado nun bastón.

Mantivo unha continuada relación con Galiza e unha extensa correspondencia con intelectuais galegos da súa época, como Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo, Antón Fraguas, Xosé Filgueira Valverde, Vicente Risco ou Fermín Bouza-Brey (a quen parafraseou e dedicou a súa obra Paremiologia jurídica galaico-portuguesa[1]) tanto na Segunda República como despois durante o franquismo.[2]

Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e académico de honra da Real Academia Galega,[3]

Obra editar

Discípulo e continuador de Mendes Correia, foi director do Instituto de Antropoloxía da Universidade do Porto, que leva o nome daquel profesor. Ten publicados ducias de artigos académicos e varios traballos sobre Antropoloxía, Etnografía, Prehistoria e Zooloxía en particular. Algúns destes artigos tiveron lugar na cidade de Maia, destacando o descubrimento e as primeiras referencias, tanto en Portugal como no estranxeiro, á Pedra Partida de Ardegães, que contén, por unha banda, inscricións admitidas como prehistóricas. En Caldas Santas de Carvalhelhos, balneario que frecuentaba con relativa asiduidade, para descanso e tratamento e onde era amigo do seu director clínico, Augusto Gonçalves Moreno, a quen coñecera na Facultade de Medicina, descubriu un castro romano cuxas escavacións dirixiu persoalmente iniciándoas pola súa conta e só despois obtendo unha pequena subvención do Estado.[Cómpre referencia]

Sociedades editar

Foi membro distinguido da Sociedade Portuguesa de Antropoloxía e Etnoloxía, da Sociedade de Xeografía de Lisboa, da Asociación Portuguesa de Arqueólogos, da Sociedade Martins Sarmento, do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, do Institut International d'Anthropologie e da Société Etnographique de Paris.

Morte editar

Morreu en 1990, en Águas Santas, no concello de Maia, na casa na que sempre viviu cando estaba en Portugal. Foi un profesor esixente e unha personalidade notábel que sempre destacou pola súa sinxeleza e simpatía unidas a unha sólida cultura. O seu nome figura na lista de colaboradores da revista Feira da Ladra [4] (1929-1943)

Notas editar

  1. "Paremiologia; Santos Júnior" (PDF). revistataeonline.weebly.com. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  2. "Santos Júnior e os Intelectuais Galegos". www.academiagalega.org (en portugués). Consultado o 2022-05-22. 
  3. "De honra". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-22. 
  4. "Feira da ladra : revista mensal ilustrada (1929-1942), Tomo IX" (PDF). pp. 204–206. Consultado o 24 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar