Joaquín Prat, nado en Valencia o 27 de abril de 1929 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1995, foi un presentadores de radio e televisión español.

Modelo:BiografíaJoaquín Prat

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata
Xàtiva, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1995 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, locutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata -
Familia
FillosJoaquín Prat Sandberg Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0695315 Allocine: 244461
BNE: XX1300683 Find a Grave: 18386567 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Iniciou estudos de Dereito, que abandonou, para traballar como administrativo. En 1959 ingresou en Radio Nacional de España. Ó longo dos anos traballou en máis de 20 programas de radio, tanto na Cadena SER (ata 1987), con espazos emblemáticos como Mañanas de Radio Madrid, Ustedes son formidables, Radio Madrid madrugada e Carrusel deportivo, como na COPE (1987-1990) con Vivir es formidable e Tiempo de juego ou de novo en Radio Nacional de España desde 1990 con Apúntate 5 e La peña.

En Televisión fixo o seu début co famosísimo concurso Un millón para el mejor (1968), no que permanecería un ano ata ser substituído por José Luis Pécker. Un ano despois chegaría o seu emparellamento profesional con Laura Valenzuela no espazo musical Galas del sábado (1969-1970), de Fernando García de la Vega, que acadou unha popularidade enorme na súa época. Volvería a coincidir coa actriz e presentadora en Canción 71, un programa de corte semellante.

Entre 1988 e 1993 presentou El precio justo, facendo famoso o grito A jugar (A xogar), que acompañaba cun inesquecible movemento de brazo.

Finou logo de dous meses en coma tras un infarto de miocardio.

Outros programas

editar

Outros programas que presentou foron:

Premios e distincións

editar

Conta no seu haber de galardóns con dous Premios Ondas: En 1970 (Nacionais de Televisión), como Mellor presentador e en 1989 (Nacionais de Radio) por Vivir es formidable. Concedéronselle tamén tres TP de Ouro: Como Mellor Presentador, en 1980 por Cosas e en 1988 por El Precio justo, e outro honorífico en 1991 á súa traxectoria profesional.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar