Juan Joaquín Otero

escritor e xornalista galego
(Redirixido desde "Joaquín Otero Pérez")

Juan Joaquín Otero Pérez, nado en Vilagarcía de Arousa cara 1893 e finado no mesmo concello o 21 de setembro de 1970,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Juan Joaquín Otero
Joaquín Otero Pérez 1922.jpg
Nacemento1893
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento21 de setembro de 1970
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudo no Colexio Minerva de Vigo, onde colaborou en La Concordia e Noticiero de Vigo. Emigrou a Cuba nos primeiros anos do século XX. Foi xefe de redacción de Eco de Galicia (1919-1920) e Heraldo de Galicia e subdirector de Carteles. Publicou poemas en Galicia, Voz Astur, Galicia Gráfica, Alma Gallega, Ecos de España, Carteles e Cuba y España e colaborou en El Progreso. Foi presidente do Club de Leones da Habana e tesoureiro do Instituto Cubano de Cultura Hispánica. En 1955 recibiu a Orden de Isabel la Católica. Residiu no poboado de Güines. Usou o pseudónimo Juan Joaquín. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Regresou a España en abril de 1958.

ObrasEditar

 
Joaquín Otero, retrato en Vida Gallega, 1921.
  • Ella... Páginas de amor y de dolor, 1921.
  • Palabras de un león, 1943.
  • Ideas sobre España y América. La labor de España en el continente americano, 1955.
  • Pinceladas humorísticas, 1959.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 22-9-1970, p. 10.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar