Joaquín María Ferrer Cafranga

Militar e político español. Presidente de Goberno e Presidente do Senado

Joaquín María de Ferrer y Cafranga, nado en Pasaia (Guipúscoa) o 8 de decembro de 1777 e finado en Santa Águeda (Guipúscoa) o 30 de setembro de 1861,[1] foi un político e militar español.

Infotaula de personaJoaquín María Ferrer Cafranga
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1777 Editar o valor em Wikidata
Pasaia (Guipúscoa)
Morte30 de setembro de 1861 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santa Águeda (Guipúscoa)
Cargos
Presidente do Goberno de España
Período10 de maio de 1841 - 20 de maio de 1841
AntecesorBaldomero Espartero
SucesorAntonio González y González
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónComerciante e político
Partido políticoPartido Progresista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Adicouse ao comercio con América e conseguiu facer fortuna. En 1811 aparece destinado como capitán do Rexemento de Voluntarios Distinguidos da Concordia Española do Perú. Pasou, en terras americanas, catro anos até o seu retorno a España en 1815.

Foi moi activo en política, converténdose en deputado por Guipúscoa nas eleccións de 1822 durante o Trienio Liberal. Pouco despois chegou a ser presidente do Congreso dende o 1 de maio até o 1 de xuño de 1823[2]. Ese mesmo ano, viuse obrigado a marchar ao exilio por mor do xiro absolutista de Fernando VII. Residiu en Francia e no Reino Unido pero regresou en 1833.

Durante a minoría de idade de Isabel II, no goberno de Calatrava foi Ministro de Facenda durante un só día (entre o 14 e o 15 de agosto de 1836), en momentos especialmente convulsos. Despois foi elixido deputado, de novo, e presidiu por segunda vez as Cortes Xerais entre o 2 e o 31 de xaneiro de 1837[2].

Vencellado a Baldomero Espartero e ao Partido Progresista, viuse desprazado da primeira liña política ata que este asumiu a rexencia. Volveu ostenar cargos variados: foi nomeado ministro de Facenda interino en varias ocasións (do 10 de outubro de 1840 ao 16 de outubro de 1841), Ministro de Estado (do 3 de outubro de 1840 ao 10 de maio de 1841; e de novo do 10 ao 20 de maio do mesmo ano) e Presidente do Consello de Ministros entre o 10 e o 20 de maio de 1841[3]. Entre 1837 e 1839 foi senador por Guipúscoa e de 1841 a 1843 por Navarra[4] e finalmente, en 1847, foi nomeado senador vitalicio.[4]

A partir de entón apenas participou na actividade política, agás para algunhas misións diplomáticas e de relacións comerciais internacionais.

Rexencia de Baldomero Espartero

Segue a:
Baldomero Espartero
Joaquín María Ferrer Cafranga
Precede a:
Antonio González y González
Presidente do Consello de Ministros

Notas editar

  1. "Expediente personal del senador D. Joaquín María Ferrer y Cafranga". senado.es. Consultado o 10-10-2017. 
  2. 2,0 2,1 "Joaquín María Ferrer y Cafranga". congreso.es. Consultado o 10-10-2017. 
  3. "Ferrer y Cafranga, Joaquín María". congreso.es. Consultado o 10-10-2017. 
  4. 4,0 4,1 "Ferrrer y Cafranga, Joaquín María". senado.es. Consultado o 10-10-2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar