Joaquín Jofre Maristany
banqueiro e filántropo galego
Joaquín Jofre Maristany, nado en Ferrol o 25 de marzo de 1855 e finado en Buenos Aires en setembro de 1918, foi un banqueiro e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1855 Ferrol, España |
Morte | setembro de 1918 (63 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro |
Traxectoria
editarFillo do empresario de orixe francesa Joaquín Jofre Domenech e de María Maristany Ferrer, filla de Tomás Maristany Bertrán.[1] En 1873, con 17 anos e licenza paterna, marchou a Buenos Aires. Foi presidente do Banco Popular Español de Buenos Aires. En 1889 comprou o maior número de acción da empresa que construía o Teatro Jofre e enviou axuda para rematar a súa construción, polo que se lle deu o seu nome. Finou en Buenos Aires en setembro de 1918.[2]
Vida persoal
editarCasou en Zárate con Virginia Storni Taylor o 22 de setembro de 1883, e foi pai de María Virginia, Ada, Ernestina, Zulema e Joaquín Jofre Maristany.
Notas
editar- ↑ A propósito del fomentador catalán Tomás Maristany Bertrán.
- ↑ El Correo Gallego, 17-9-1918, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- La instruccin primaria en Ferrol durante la mayoría de edad de Isabel II / José María López-Dafonte Sanjuán.