Joaquín Caro del Arroyo

Joaquín Caro del Arroyo, II Conde de Peña Ramiro, nado o 1 de xullo de 1872 e finado o 24 de novembro de 1948[1], foi un político español.

Modelo:BiografíaJoaquín Caro del Arroyo
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1872 Editar o valor en Wikidata
Morte24 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Joaquín Caro Álvarez de Toledo, neto do XII Marqués de Vilafranca do Bierzo, e de María Manuela del Arroyo Moret, viúva de Gonzalo Ros de Olana Quintana, Vizconde de Ros. Casou en Madrid o 23 de xuño de 1927 con Blanca Rodríguez de Rivas de la Gándara, filla do conde de Castilleja de Guzmán.

Elixido deputado polo distrito de Becerreá en 1907 por influxo de Augusto González Besada[2]. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito entre 1914 e 1923. Gobernador civil da provincia de Sevilla. Foi Director Xeral de Belas Artes, Subsecretario do Ministerio de Instrución Pública e vogal do Real Padroado do Museo do Prado o 21 de xuño de 1917[3].

  1. Necrolóxica en ABC, 22-11-1952, p. 39
  2. Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. p. 163. ISBN 84-8457-255-2. 
  3. Fundación de Amigos do Prado

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar