Joan Verdú Fernández
Joan Verdú Fernández, nado en Barcelona o 5 de maio de 1983, é un exfutbolista español, que xogaba de centrocampista.
Joan Verdú | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Joan Verdú Fernández | ||
Nacemento | 5 de maio de 1983 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
PB Anguera | |||
1998–2002 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002 | Barcelona C | 19 | (2) |
2002–2006 | Barcelona B | 134 | (31) |
2004 | Barcelona | 0 | (0) |
2006–2009 | Deportivo da Coruña | 85 | (9) |
2009–2013 | Espanyol | 144 | (23) |
2013–2014 | Betis | 20 | (2) |
2014–2015 | Baniyas | 24 | (10) |
2015–2016 | Fiorentina | 5 | (1) |
2016 | Levante | 13 | (1) |
2017–2019 | Qingdao Huanghai | 66 | (26) |
2020–2021 | Montañesa | 24 | (1) |
2021–2022 | Hospitalet | 32 | (1) |
Total | 566 | (107) | |
Selección nacional | |||
2002 | España sub-20 | 2 | (1) |
2006– | Cataluña | 11 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Chegou ao Dépor como un dos mozos que formaría o novo Superdépor. Despois de debutar con Joaquín Caparrós xa empezou a mostrar trazos de calidade, pero foi con Miguel Ángel Lotina con quen empezou a ser un xogador importante na primeira volta da tempada 2007/2008, chegando a dicir o técnico "o once son Verdú e 10 máis".
Na tempada 2008–09 volve despuntar facendo xirar ao equipo ao redor del, xogando como mediapunta detrás do dianteiro. Sen dúbida trátase dun xogador dun futuro prometedor do que pode saír un gran xogador, que marcou o seu primeiro gol como deportivista nun partido Vilarreal-Deportivo.
Tras rematar a tempada 2008–09 o RCD Espanyol fíxose cos seus servizos, ao rematar o seu contrato co Deportivo e non renovalo.
Palmarés editar
- Deportivo