Joachim Gauck

político alemán

Joachim Gauck, nado o 24 de xaneiro de 1940 en Rostock, no actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, daquela pertencente á Alemaña nazi, é un ex-pastor luterano é actual Presidente da República Federal de Alemaña. Sendo cidadán da entón República Democrática Alemá (RDA) tivo un papel activo no proceso da reunificación alemá. Joachim Gauck foi unha figura central en protestas pacíficas que levaron á caída do muro de Berlín en 1990. Desde entón ten sido político independente e publicista, tendo un papel de relevancia como xestor do arquivo deixado pola Stasi.

Joachim Gauck

11º Presidente de Alemaña
Período18 de marzo de 2012
AntecesorChristian Wulff
ChancelerAngela Merkel
Membro do Bundestag
Período3 de outubro de 1990
Antecesor4 de outubro de 1990
Datos persoais
Nacemento24 de xaneiro de 1940
 Rostock
OrganizaciónIndependente
PaiWilhelm Joachim Gauck
NaiOlga Gauck
CónxuxeGerhild Gauck (1959-1991)
ParellaDaniela Schadt (dende 2000)
FillosChristian, Martin, Gesine e Katharina
Alma máterUniversidade de Rostock
ProfesiónPastor
RelixiónLuterano
Na rede
IMDB: nm2458206 Musicbrainz: cf238b38-151e-4e27-a202-27c8a2795be6 Discogs: 4541842 WikiTree: Gauck-14 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 2010 foi candidato a Presidente de Alemaña, perdendo por poucos votos fronte ao candidato da CDU Christian Wulff. Dous días despois da renuncia deste último, ao ser investigado por corrupción e tráfico de influencias, o 19 de febreiro de 2012, foi escollido como candidato común para á presidencia de Alemaña, exceptuando o partido Die Linke, que a peseres de ter cadeira no Bundestag non foi convidado a participar deste consenso. O 18 de marzo de 2012 foi elixido pola Asemblea Federal (Bundesversammlung) obtendo case o 80% dos votos.

Traxectoria Editar

O 24 de xaneiro de 1940 Joachim Gauck nace en Rostock, actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, ao norte da daquela Alemaña nazi, fillo dun mariñeiro. En1951 o seu pai foi preso e deportado a Siberia, aínda que posteriormente, en 1955, foi perdoado volvendo cara a Rostock. Tres anos despois comezaría os seus estudos de teoloxía na Universidade de Rostock, rematándoos en 1965.

Dende ese ano comezou actividade na Igrexa Evanxélica Luterana de Mecklemburgo. Primeiro traballou como capelán e, despois da súa ordenación, foi pastor en Güstrow a partir de 1970, sendo posteriormente colocado na área de desenvolvemento parroquial do barrio Evershagen en Rostock. En 1982 foi nomeado o responsable máximo da Igrexa en Mecklemburgo, cargo que ostentaría até 1990.

En 1989 foi co-fundador do movemento de protesta pacífico da Igreja en Mecklemburgo. Gauck realiza cultos semanais, seguidos por grandes manifestacións na súa cidade natal. Foi tamén sendo membro e presidente do Neues Forum de Rostock, unha das novas formacións políticas xurdidas na RDA. En 1990 pasou ser Deputado da Volkskammer, o parlamento da RDA que decidiu dissolver este estado.

Xestor do arquivo da Stasi Editar

Véxase tamén: Stasi.

Gauck dirixiu a Comisión Federal para os arquivos da Stasi,[1] creada para controlar a disolución da antiga Stasi a partir do 3 de outubro de 1990. Esta Comisión, que pasou a ser chamada de Gauck Behörde, administra o legado da Stasi e tórnao accesible a tódolos interesados. Tras dous mandatos, foi substituído en outubro de 2000 por Marianne Birthler. Gauck ten sido repetidamente homenaxeado polas súas realizacións e publicacións.

Carreira política Editar

O nomeamento de Joachim Gauck e a súa candidatura para o cargo de Presidente de Alemaña en 2010 tivo un grande apoio xeral dos medios en Alemaña. Con todo, foi derrotado en tres roldas polo candidato do partido dos gobernantes (CDU), Christian Wulff. Despois da renuncia de Christian Wulff o 17 de febreiro de 2012, por causa da súa relación cun caso de corrupción, o goberno alemán de coalición propuxoo candidato, xunto coa oposición, para o seu nomeamento como presidente.

Referencias Editar

  1. Disolución da Stasi Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Deutsches Rundfunkarchiv (de)

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar

 
Presidente de Alemaña

Segue a:
 
Christian Wulff
Joachim Gauck
(2012-presente)

Precede a:
No cargo
Independente