JoAnn Hardin Morgan

enxeñeira aeroespacial dos Estados Unidos

JoAnn Hardin Morgan, nada en Huntsville (Alabama) o 4 de decembro de 1940, é unha enxeñeira aeroespacial estadounidense que foi pioneira no programa espacial dos Estados Unidos como a primeira enxeñeira muller da NASA e a primeira muller en obter o cargo de Executivo Sénior no John F. Kennedy Space Center. Polo seu traballo na NASA foi galardoada polo presidente dos Estados Unidos Bill Clinton en 1995 e 1998. Antes do seu retiro en 2003 pasou por diferentes postos de liderado nos 40 anos de programas espaciais da NASA. Morgan foi directora de Relacións Externas e Desenvolvemento de Negocios durante os seus últimos anos no Centro Espacial.[1]

JoAnn Hardin Morgan
JoAnn Hardin Morgan.jpg
Nacemento4 de decembro de 1940
Lugar de nacementoHuntsville
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Stanford
Ocupaciónenxeñeira aeroespacial, enxeñeira e matemática
PremiosFlorida Women's Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

JoAnn Hardin é a maior dos catro fillos de Don e Laverne Hardin, piloto da Armada dos Estados Unidos en Redstone Arsenal durante a Segunda Guerra Mundial.[2] Mentres estaba na secundaria a súa familia mudouse a Titusville (Florida) onde o seu pai traballaba en Cabo Cañaveral como administrador de artillaría no programa de foguetes do Exército dos Estados Unidos. Logo de graduarse na escola secundaria en xuño de 1958 uniuse á Axencia de Mísiles Balisticos da Armada en Cabo Cañaveral como asistente civil de enxeñaría.[2] No inverno de 1958 inscribiuse na Universidade de Florida en Gainesville onde estudou matemáticas.[2] Durante os veráns continuaba traballando en Cabo Cañaveral baixo a mentoría do enxeñeiro Wernher von Braun. Durante o seu traballo como asistente de enxeñaría tivo experiencia como deseñadora de sistemas de lanzamento de foguetes para os primeiros programas de voo da NASA. Logo de licenciarse en Matemáticas pola Universidade de Jacksonville en Alabama en 1963 foi a traballar para a NASA no Centro Espacial John. F. Kennedy como enxeñeira aeroespacial.[3][4]

Centro Espacial John F. KennedyEditar

 
JoAnn Morgan durante o lanzamento do Apolo 11

En 1963 comezou o seu traballo a tempo completo no Centro Espacial Kennedy, sendo a única muller enxeñeira durante moito tempo no lugar.[2] Tamén foi a única muller enxeñeira na sala de lanzamento durante a misión Apolo 11 o 16 de xullo de 1969.[5][6][7]

Morgan lembra con humor que "durante os primeiros 15 anos traballaba nun edificio sen baño para mulleres", e "foi un gran día cando finalmente houbo un".[8][9]

Premios e recoñecementosEditar

  • 1995 - foi incluída no Salón da Fama da Muller de Florida.[10]
  • 1991 - Recibiu unha medalla de liderado excepcional.
  • 1996 - Recibiu o premio "Servizo distinguido" pola Space Coast Chapter of Federally Employed Women.

NotasEditar

  1. "JoAnn Hardin Morgan" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Diamond 2000.
  3. Patrinos, Thalia (2019-07-08). "Rocket Fuel in Her Blood: The Story of JoAnn Morgan" (en inglés). Consultado o 2020-12-02. 
  4. Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna" (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. Consultado o 2021-03-30. 
  5. Herridge, Linda (25 de abril de 2018). "Space Pioneer JoAnn Morgan Speaker for Women's History Month Event". 
  6. Koren, Marina, The Apollo Engineer Who Almost Wasn’t Allowed in the Control Room, The Atlantic, Friday, xullo 19, 2019
  7. Fueyo, Juan (2019-07-19). "Tribuna | La única mujer de Cabo Cañaveral en el control del despegue del ‘Apolo 11’". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-02. 
  8. "Executive offers a look inside NASA". 29 de agosto de 2003. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2010. 
  9. Angley, Natalie (16 de xullo de 2019). "She endured obscene phone calls, had to use men's bathrooms, as one of NASA's first female engineers". Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  10. "JoAnn Hardin Morgan" (en inglés). Consultado o 2020-12-02. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar