Jesus Mari Larrazabal
Jesus Mari Larrazabal Antia, nado en Zumaia, provincia de Guipúscoa, en 1948 e finado o 29 de xuño de 2021,[1] foi un filósofo e político vasco de ideoloxía abertzale.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 Zumaia, España |
Morte | 29 de xuño de 2021 (72/73 anos) |
Causa da morte | Lewy body dementia (en) |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de abril de 2009 – 30 de xuño de 2010 – Juanjo Agirrezabala Mantxola (en) → Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Lugar de traballo | Donostia |
Ocupación | profesor universitario , político |
Empregador | Universidade do País Vasco |
Partido político | Eusko Alkartasuna Langile Abertzale Iraultzaileen Alderdia (en) |
Lingua | Lingua castelá, lingua éuscara, lingua francesa e lingua inglesa |
Era doutor en Filosofía, cun máster de Lóxica e licenciado en Ciencias Económicas e é catedrático de lóxica da Universidade do País Vasco.
Foi parlamentario por Eusko Alkartasuna desde abril de 2009 até xuño de 2010, sendo voceiro na Xunta de Voceiros, vogal nas comisións de Institucións, Interior e Xustiza; Industria, Innovación, Comercio e Turismo; Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura e Pesca; Incompatibilidades; Control de Gastos Reservados e Vicepresidente da de Educación.
Dimitiu do seu cargo como parlamentario en xuño de 2010 por problemas de saúde, ao serlle diagnosticada unha doenza cardíaca pola que se lle recomendaba gardar repouso.[2]
Foi membro de Amnistía Internacional e de Intermon Oxfam.