Jesus Altuna Etxabe, nado en Berastegi o 27 de xullo de 1932, é un antropólogo e arqueólogo vasco.

Jesus Altuna
Nome completoJesus Altuna Etxabe
Nacemento27 de xullo de 1932
Lugar de nacementoBerastegi
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónarqueólogo, paleontólogo, catedrático, antropólogo, zooarchaeologist e paleoantropólogo
PremiosDistinción Lan Onari do Goberno Vasco
Na rede
Dialnet: 14416
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Filosofía e Teoloxía nos seminarios de Vitoria e Donostia, e Ciencias Biolóxicas na Universidade de Madrid.[1]

Como antropólogo colaborou en escavacións arqueolóxicas dirixidas por outros arqueólogos na zona cantábrica, en particular José Miguel de Barandiarán no País Vasco, entre 1960 e 1972. Tamén participou en escavacións arqueolóxicas na Nubia Sudanesa baixo o encargo da Unesco. Foi director de escavacións arqueolóxicas dende 1973, especialmente no País Vasco.

Foi catedrático do Instituto José María Usandizaga de Ensino Medio de Donostia. En 1980, incorporouse á Universidade do País Vasco, onde foi catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais até 2002, cando se xubilou. As súas áreas principais de investigación e traballo son a zooarqueoloxía de sitios prehistóricos, a arte paleolítica e a protección do patrimonio arqueolóxico.

Dende 1960 desenvolveu as súas investigacións no Departamento de Prehistoria da Sociedade de Ciencias Aranzadi, da que chegou a ser presidente da Sociedade, director do seu Departamento de Prehistoria e da revista Munibe Antropologia-Arkeologia.[2]

É membro do Comité de Honra do ICAZ (International Council for Archaeozoology).[3]

Notas editar

  1. "Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  2. "Aranzadi". 2006. Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  3. "International Council for Archaeozoology" (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2017.