Jesse Stone: Campo de regatas

Jesse Stone: Campo de regatas (en inglés: Jesse Stone: Sea Change) é un telefilme estadounidense de misterio dirixido por Robert Harmon que se estreou no 2007. Baséase na novela Sea Change de Robert B. Parker e é o cuarto dos oito telefilmes baseados nas novelas da personaxe de Jesse Stone. Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2013.

Jesse Stone: Campo de regatas
Ficha técnica
Título orixinalJesse Stone: Sea Change
DirectorRobert Harmon
ProdutorSteven J. Brandman
GuiónRonni Kern
Baseado enSea Change de Robert B. Parker
IntérpretesTom Selleck
Kathy Baker
Kohl Sudduth
MúsicaStewart Copeland
FotografíaRene Ohashi
MontaxeRoberto Silvi
EstudioBrandman Productions
DistribuidoraCBS
Estrea 22 de maio de 2007
Galicia 11 de xaneiro de 2013 (TVG)
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Filme anteriorJesse Stone: Death in Paradise
Filme seguinteJesse Stone: Thin Ice
Na rede
IMDB: tt0905345 Filmaffinity: 246761 Allocine: 138396 Rottentomatoes: m/jesse_stone_sea_change Allmovie: v398644 TCM: 677445 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Jesse Stone é un ex policía dos Ánxeles vido a menos cuxa maior batalla agora é contra o alcohol. Para calar ós demos internos do seu pasado que tanto o atormentan, Jesse decide retomar o caso dun asasinato cometido dez anos atrás. Refuxiado na pequena cidade de Paradise, Jesse reabre unha investigación sen resolver na que descubrirá probas nunha antiga tumba e perseguirá as pantasmas do esquecido crime. Pero non será só o pasado da vítima e do asasino o que sairá á luz, senón tamén o seu propio.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar