Abrir o menú principal

Jesús Simal Lozano

farmacéutico e químico galego

TraxectoriaEditar

FormaciónEditar

Jesús Simal acadou os seguintes títulos académicos:[1]

Labor investigador e docenteEditar

Alumno interno de desde 1958 a 1961 durante os cursos 4º, 5º e 6º cursos da carreira e, tras licenciarse, foi, ininterrompidamente, profesor da Facultade de Farmacia de Santiago desde o 1 de outubro de 1961, primeiro como adxunto interino de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Químico (1961-1964); despois profesor adxunto titular (1964-1973); máis tarde, profesor agregado de Bromatoloxía e Toxicoloxía, desde febreiro de 1973 até decembro de 1975, en que tomou posesión como catedrático de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Química Aplicada, posto que ocupou até a súa xubilación o 30 de setembro de 2008.[1][3]

Foi director do Departamento de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Química da Facultade de Farmacia compostelá desde abril de 1974 até o 19 de novembro de 1989, e coordinador dos Cursos de Doutoramento desde 1987 até a súa xubilación. Dirixiu 38 teses de doutoramento e 112 memorias de licenciatura na USC.[1] Como dato interesante para a súa vida persoal cómpre destacar que unha das teses que dirixiu foi a do seu fillo maior, Jesús Simal Gándara, "Contribución al control de calidad de resinas epoxídicas destinadas a entrar en contacto con productos alimenticios", lida en 1991 na USC.[3]

AcadémicoEditar

O doutor Simal foi recibido na Academia de Farmacia de Galicia, na que ocupa a medalla nº 14, o día 17 de xaneiro de 2007, acto no que leu o seu discurso "Aplicación de las nuevas tecnologías a la enseñanza.[1]

Sociedades científicas das que é membroEditar

Simal Lozano é:[1]

  • Membro da Sociedade Española de Bromatoloxía, e xefe da Sección de Galicia.
  • Vogal de Alimentación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC) (de 1986 a 1994).
  • Foi o presidente do 1º Congreso Nacional de Farmacéuticos na Alimentación, celebrado na Coruña do 5 ao 8 de novembro de 1986.

PublicaciónsEditar

O doutor Simal é autor de máis de 30 artigos en revistas científicas, de tres artigos en libros colectivos e dun libro non científico.[5]

Entre os seus principais traballos pódense citar:

O seu libro non científico, resultado dunha das súas afeccións, o debuxo artístico, é Láminas de Compostela, publicado polo Servizo e Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela o ano 2010, ISBN 978-84-9887-286-6, no que, en palabras do catedrático de Historia da Arte José Manuel García Iglesias, «achega ao lector á Compostela eterna, esa que é Catedral e Mosteiro, rúa e Universidade, maxia e arte, relixión e ciencia. A súa é unha mirada consciente que, nos debuxos, dá unha interpretación do que é un dos enclaves máis belos e significativos da vella Europa».[2][6]

Libros colectivosEditar

  • 1984 - "Mieles de Galicia". (Con José Francisco Huidobro Canales). En Ponencias y comunicaciones del Primer Congreso Nacional de Apicultura, coord. por Jesús B. Marquina Olmedo e César Carlos Saénz Barrio. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Servicio de Extensión Agraria. Publicaciones. ISBN 84-341-0359-1, pp. 127–131.
  • 1987 - Selección de métodos físico-químicos para el control práctico de polución de aguas. (Con Isabel Iglesias Fernández e María Asunción Lage Yusty). Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias. ISBN 84-7498-278-2.
  • 1988 - "Investigación de cloropicrina en bebidas alcohólicas". (Con María Asunción Lage Yusty e A. Rodríguez), En Ponencias y comunicaciones: Congreso internacional de tecnología de alimentos naturales y biológicos. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Servicio de Extensión Agraria. Publicaciones. ISBN 84-341-0602-7, pp. 186–190.

Selección dalgúns artigos en revistas científicasEditar

  • 1982 - "Determinación y tipificación de las proteínas de la leche: aplicación al estudio de quesos y efecto del agua oxigenada". (Con Perfecto Paseiro Losada). Nova Acta Científica Compostelana Bioloxía, nº. 3-4, pp. 319–362.
  • 1994 - "El mejillón: desde su desarrollo en una batea hasta su depuración". (Con A. Hermida Ameijeiras). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, nº 255, pp. 31-36.
  • 1995 - "Ciencias da Saúde: Ciencia e tecnoloxía dos alimentos". Eduga: revista galega do ensino, nº 7, páxs. 185-187.
  • 1989 - "Aproximación a la toxicidad de los agentes conservantes de alimentos". (Con Perfecto Paseiro Losada e Jesús Simal Gándara). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, nº 204, pp. 57–83.
  • 1989 - "Comprobación de la calidad de materias primas de preparados dietéticos y de regímenes especiales". (Con Jesús Simal Gándara e Perfecto Paseiro Losada). Alimentaria: Revista de tecnología e higiene de los alimentos, nº 205, pp. 69-79.

DistinciónsEditar

  • Insignia de prata da Sociedad Gallega de Apicultura.
  • Insignia de prata da Facultade de Farmacia de Santiago.
  • Insignia de ouro da Uiversidade de Santiago de Compostela.[1]

Outras actividadesEditar

Ademais dos seus intereses científicos e docentes, Simal é un grande afeccionado ao debuxo e á numismática.[7]

Vida persoalEditar

Jesús Simal Lozano casou con Carmen Gándara López. O matrimonio tivo catro fillos: Jesús, nacido o 5 de abril de 1966, catedrático de universidade; José, nacido o 10 de xuño de 166t, traballador social; Manuel, nacido o 26 de outubro de 1971, e Juan, nacido o 4 de xuño de 1973.[7]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Biografía na páxina web da AFG. Consultada o 9 de setembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 "El Santiago más eterno". El Correo Gallego, 2-4-2010. Consultado o 9 de setembro de 2018.
  3. 3,0 3,1 3,2 Jesús Simal Lozano. Tesis, en Dialnet.
  4. Ler resume aquí
  5. Jesús Simal Lozano en Dialnet.
  6. Láminas de Compostela en Dialnet.
  7. 7,0 7,1 Simal Lozano, Jesús, en VV.AA. (2002): Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. ISBN 84-8064-113-4.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar