Jesús Piñacué Achicué
Jesús Enrique Piñacué Achicué, nado en Páez, Cauca o 2 de xaneiro de 1964, é un líder indíxena do pobo nasa e político colombiano membro da Alianza Social Indíxena. Foi integrante do Senado de Colombia en tres períodos consecutivos.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Páez, Colombia |
Senador de Colombia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Alianza Social Independente |
Traxectoria editar
Nado en Calderas, parte do concello de Páez, no Cauca, foi líder das comunidades indíxenas varios anos antes de ser senador. Ademais desempeñou o cargo de vicepresidente e posteriormente presidente do Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC).
Nas eleccións presidenciais de Colombia de 1994, foi postulado á Vicepresidencia en fórmula con Antonio Navarro Wolff, pola Alianza Democrática M-19.
Foi elixido pola Alianza Social Indíxena, en tres períodos lexislativos continuos entre 1998 e 2002, 2002 e 2006, e finalmente entre 2006 e 2010.
Nas eleccións lexislativas de Colombia de 2006, Piñacué Achicué foi elixido senador da república de Colombia cun total de 24.196 votos. Posteriormente foi reelixido nas eleccións lexislativas de Colombia de 2002 cun total de 83.594 votos.
Notas editar
- ↑ Senado da República de Colombia, ed. (2010). "Congreso de la República de Colombia" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2010.