Abrir o menú principal

Jesús Mariñas

xornalista español

Jesús Manuel Pérez Mariñas, coñecido como Jesús Mariñas, nado na Coruña o 3 de outubro de 1943, é un xornalista galego, que traballa fundamentalmente no ámbito da prensa do corazón.

Jesús Mariñas
Nacemento3 de outubro de 1942
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De novo quería ser actor, pero a súa profesora do conservatorio animouno a ser xornalista. Comezou a súa carreira en El Ideal Gallego como mozo dos recados.

En 1959 traballaba coidando ao fillo de Carlos Larrañaga, polo que estivo presente na voda do actor con María Luisa Merlo. Así, con 16 anos, comezou a traballar na crónica de sociedade. Empezou a escribir para revistas como Semana ou Pronto. En 1967 traballou en Barcelona para Tele Expres, cubrindo a viaxe de Richard Nixon coa súa filla.

En 1972 iniciou a súa sección no programa Protagonistas, con Luis del Olmo en Barcelona, Marbella e Madrid. Viviu unha época dourada na radio, colaborando con Luis del Olmo durante 20 anos.

Na década de 1980 comezou a participar na revista Época na sección "La vida es rosa", que mantivo até o 2000. Máis tarde pasou a colaborar de forma estable no programa Tómbola de Canal Nou, con xente como Lydia Lozano. Foi substituído por Karmele Marchante, amiga e compañeira durante anos até que deixaron de falarse por mor das súas continuas pelexas no polémico programa.

Na década de 1990 comezou a colaborar con María Teresa Campos en Pasa la vida de TVE, facendo a súa sección propia e a tertulia do corazón xunto a Mayka Vergara, Rosa Villacastín, Enrique Miguel, Cuca García de Vinuesa, Josemi Rodríguez Sieiro, Carmen Rigalt, Amalia Enrique e Karmele Marchante entre outros.

Entre setembro de 1996 e 2004, Jesús Mariñas seguiu con María Teresa Campos en Telecinco, en Día a día e outros programas da mesma canle. Desde 2004, Jesús Mariñas traballa con María Teresa Campos en programas como Cada día e Lo que interesa.

Desde 1998 escribe en La Razón, e desde o na revista Tiempo.

Colaborou en programas como Tela Marinera ou Cafe de Ximo. Actualmente traballa en Matí, matí e Amb el cor en la mà, de Canal Nou. Tamén traballa en Antena 3 en En Antena (2006-2007), ¿Dónde estás corazón?, (setembro de 2007) A 3 bandas, (setembro de 2008) El método por dos, Tal cual lo contamos (outubro de 2008) e desde o verán de 2009 en Vaya par xunto a María Patiño.