Jesús María Lires López

futbolista arxentino

Jesús María Lires López, alcumado Gallego, nado en Galicia o 20 de abril de 1920 e finado en Bogotá o 15 de abril de 1998, foi un futbolista e árbitro galego. Emigrado á Arxentina, xogaba de dianteiro e militou nese país nas filas do Quilmes e do Defensores de Belgrano. Con todo, a súa fama como futbolista chegoulle en Colombia, onde destacou no Independiente Santa Fe, club cuxo ataque liderou na conquista da primeira edición do campionato colombiano en 1948. Posteriormente xogou no Millonarios e no Universidad Nacional de Colombia.

Lires López
Información persoal
Nome Jesús María Lires López
Nacemento 20 de abril de 1920
Lugar de nacemento Galicia
Falecemento 15 de abril de 1998
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1940–1944 Quilmes 57 (23)
1945 Defensores de Belgrano 13 (3)
1948–1949 Santa Fe 32 (25)
1950 Millonarios
1950 Universidad Nacional
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Quilmes editar

Nado en Galicia, emigrou sendo neno coa súa familia á Arxentina.[1] Alí comezou a xogar ao fútbol e en 1940 debutou na Segunda División co Quilmes Atlético Club, club no que militou ata 1944.

Defensores de Belgrano editar

Despois de catro anos defendendo as cores do Quilmes, en 1945 fichou polo Defensores de Belgrano, tamén da Segunda División, onde xogou durante unha tempada.

Independiente Santa Fe editar

No ano 1947 deixou a Arxentina e trasladouse a Colombia, onde comezou a xogar no Independiente Santa Fe da cidade de Bogotá en 1948.[1] Ese mesmo deu inicio en Colombia o fútbol profesional, coa fundación da División Maior do Fútbol Colombiano (Dimayor) e a disputa da primeira edición do Campionato de Colombia. "Gallego" foi un dos xogadores máis destacados do seu equipo e formou unha frutífera dianteira xunto co arxentino Hermenegildo Antón. A dupla saíu a relucir no primeiro Clásico bogotano, no que o Santa Fe derrotou por 5-3 ao Millonarios cun triplete do galego e un gol do arxentino.[2] Santa Fe coroouse como o primeiro campión colombiano e Lires López contribuíu como o máximo goleador do equipo con 20 goles, e o segundo do campionato, só por detrás de Alfredo Castillo.[3][4][5] Foi tamén o primeiro xogador da historia do fútbol profesional colombiano que fallou un penalti, ante Deportes Caldas.[6]

Para o ano 1949, Santa Fe fichou varios futbolistas arxentinos e Lires López tivo que competir por un posto cos seus compatriotas Hermenegildo Antón, Luis "Flaco" López, René Pontoni e Herraldo Ferreyro, así como co colombiano Rafael Humberto "Canoíta" Prieto. Esta histórica dianteira logrou marcar 102 goles en 26 partidos,[7] e está considerada unha das mellores da historia do club. Con todo, o equipo bogotano non revalidou o título e só puido ser terceiro.[4]

Millonarios editar

En 1950 fichou polo outro gran club de Bogotá, o Millonarios, que viña de ser campión.[1][4] Alí xogou durante só un semestre, compartindo equipo con destacados futbolistas como Alfredo Di Stéfano ou Adolfo Pedernera.[1]

Universidad Nacional editar

A mediados de 1950 deixou Millonarios e pasou a xogar no Club Universidad Nacional de Colombia, no que se retirou ese mesmo ano.[1]

Carreira como árbitro editar

Despois da súa retirada como futbolista, comezou a súa carreira como árbitro profesional da División Maior do Fútbol Colombiano (Dimayor), labor que exerceu durante varios anos. [4] Tras deixar a arbitraxe, instalouse na cidade de Bogotá, onde viviu ata a súa morte o 15 de abril de 1998 aos 78 anos.[1]

Palmarés editar

Independiente Santa Fe

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Adiós, Gallego". El Tiempo (en castelán). 16 de abril 1998. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  2. "Es un clásico de colección". El Tiempo (en castelán). 15 de septiembre 2006. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  3. "La historia de las nueve estrellas que iluminan el cielo de Santa Fe" (en castelán). 18 de decembro de 2016. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Diusabá, V.; Ruiz, G. (2001). Santa Fe 60 años 1941-2001 (en castelán). Bogotá. p. 189. 
  5. Ruiz, Guillermo (2008). La gran historia del fútbol profesional colombiano (en castelán). Dayscript. p. 54. 
  6. "Los primeros del fútbol colombiano". El Tiempo (en castelán). 12 de agosto 2008. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  7. "El cumpleañero Santa Fe y todos los números de su historia" (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar