Abrir o menú principal

Jesús María Fernández Rosende, nado en Oleiros o 25 de xuño de 1960, é un empresario e político galego do PPdeG

Jesús María Fernández Rosende
 Oleiros
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursou estudos de Dereito. Foi director xerente e secretario do Padroado da Fundación para a Investigación e Desenvolvemento de Recursos Mariños, secretario do Consello Regulador Denominación de Calidade Mexillón de Galicia e secretario do Consello Económico da Universidade da Coruña. Militante do PPdeG dende 1989, foi elixido concelleiro de Oleiros nas municipais de 1987. Foi deputado no Parlamento de Galicia dende o 26 de setembro de 1989 en substitución de Manuel Iglesias Corral, volveu ser deputado dende o 20 de xuño de 1991, substituíndo a José Luis Torres Colomer. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1993 e volveu ser elixido en 1997 e 2001.

Véxase taménEditar