Jesús Lavandeira Pérez

guerrilleiro antifranquista galego

Jesús Lavandeira Pérez, coñecido como Ladrillo, nado en Vilariño (Vilasantar) o 6 de abril de 1906 e finado en Betanzos o 5 de xaneiro de 1991, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJesús Lavandeira Pérez
Biografía
Nacemento6 de abril de 1906 Editar o valor em Wikidata
Vilariño, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A principios da República instalouse en Betanzos e traballou como xardineiro municipal. Militante da CNT e do grupo Plantas Nuevas da FAI, en 1936 era secretario da CNT de Betanzos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e integrouse no Grupo Neira. Non quixo integrarse no Exército Guerrilleiro de Galicia polo control do PCE. Foi detido en agosto de 1945 en Porzomillos. Xulgado por rebelión militar en consello de guerra na Coruña o 19 de setembro de 1946, foi condenado a vinte anos de prision. Estivo internado no penal do Dueso, do que saíu en liberdade provisional en 1953.[1] Finou en Betanzos o 5 de xaneiro de 1991.[2]

Vida persoal editar

Casou con Julia Louriño García, e foi pai de tres fillos.

Notas editar

  1. BOE, 13-1-1954, p. 206.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-1-1991, p. 62.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 272–276. ISBN 978-84-1176-172-7. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar