Jesús González Guisande

remeiro galego

Jesús González Guisande, nado en Vigo o 6 de xaneiro de 1959 e finado o 3 de setembro de 2017, foi un remeiro galego, que competiu en dous Xogos Olímpicos (Moscova 1980 e Os Ánxeles 1984).

Infotaula de personaJesús González Guisande
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1959 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1984rowing at the 1984 Summer Olympics – men's quadruple sculls (en) Traducir
1980rowing at the 1980 Summer Olympics – men's quad sculls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Comezou a remar no Liceo Marítimo de Bouzas, pasando logo ao Club Natació Banyoles.[2] En 1978 en Mequinensa gañou os seus dous primeiros Campionatos de España absolutos, un deles no dobre scull xunto a Fernando Climent e outro na modalidade de oito con temoneiro.[3] Revalidou o título de oito en 1979, 1981, 1982 e 1984. Foi tamén campión de España de skiff en 1981; de catro con temoneiro en 1983 e 1984; de catro sen temoneiro en 1983 e de catro scull en 1986 e 1987; ademais de subir en numerosas ocasións máis ao podio.[3]

En 1980 disptuou os seus primeiros Xogos Olímpicos, os celebrados na capital soviética, Moscova. Fíxoo na proba do catro scull, xunto a Joan Solano, Manuel Vera e Julio Oliver, e acadou a quinta praza final, e con ela o diploma olímpico.[4] Repetiu participación na seguinte cita olímpica, Os Ánxeles 1984, co mesmo equipo excepto Solano, que foi substituído por Luis Miguel Oliver. Conseguiu de novo un diploma olímpico, sendo o seu resultado desta vez a sexta praza.[5]

Notas editar

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. Cobas, Franco (4 de setembro de 2017). "La última regata hacia el cielo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  4. "Rowing at the 1980 Moskva Summer Games: Men's Quadruple Sculls". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  5. "Rowing at the 1984 Los Angeles Summer Games: Men's Quadruple Sculls". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar