Jesús Cano Pérez

xenetista español

Jesús Cano Pérez é un biólogo español especializado en xenética.

Infotaula de personaJesús Cano Pérez
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Granada
Universidade de Málaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porUn dos descritores dos galotiinos, unha das dúas subfamilias de lacértidos
Actividade
OcupaciónProfesor titular de Universidade
EmpregadorUniversidade de Málaga
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webjcano@uma.es

Traxectoria editar

Formación editar

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Granada en 1977 e doutorouse pola Universidade de Málaga en 1981.[1]

A súa formación docente e científica comezou nos seus anos de doutoramento co aprendizaxe de técnicas de obtención e cuantificación de ADN celular no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid e no Instituto de Biología Celular do CSIC. Colaborou activamente con equipos científicos e docentes doutras Universidades nacionais e estranxeiras.[1]

Actividade profesional editar

Desde 1977 foi investigador e docente na Universidade de Málaga e, desde 1984, é Profesor titular de Xenética desta Universidade.[1]

Da súa actividade investigadora obtivéronse resultados publicados en revistas da especialidade, dirixiu teses de Licenciatura e Doutoramento e presntou relatorios en varios Congresos nacionais e internacionais. Realizou labores de supervisión e asesoramento no Ministerio de Medio Ambiente de España como membro asesor do Comité Científico de Parques Nacionais, durante os anos 2001-2004.[1]

Abreviatura editar

A abreviatura Cano emprégase para recoñecer a Jesús Cano Pérez como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Jesús Cano Pérez UDM. Departamento de Biología Celular, Genética y Fisiología.