Jesús Aller Ulloa
avogado e político galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Jesús Aller Ulloa, nado en Lalín en 1880 e finado na mesma vila en 1947, foi un avogado e político galego.
Jesús Aller Ulloa | |
---|---|
Nacemento | 1880 |
Lugar de nacemento | Lalín |
Falecemento | 1947 |
Lugar de falecemento | Lalín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
Pai | Domingo Enrique Aller Rodríguez |
Irmáns | Ramón María Aller Ulloa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Neto de Juan Ramón Ulloa Pimentel e fillo de Domingo Enrique Aller Rodríguez. Era irmán de Ramón María Aller Ulloa. Estudou o bacharelato no Colexio dos xesuítas de Camposancos e dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1898-1903). Exerceu como avogado en Lalín. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Lalín en dous períodos. Tamén foi vicepresidente do Casino de Lalín.
Predecesor: Cándido Soto Colmeiro |
Alcalde de Lalín 1923 - 1924 |
Sucesor: Luís Madriñán Teijeiro |
Predecesor: Benjamín González Fidalgo |
Alcalde de Lalín 1925 - 1929 |
Sucesor: Salvador Madriñán Teijeiro |
Vida persoal Editar
Casou con Celia Goyanes Sánchez.