Khepri

(Redirección desde «Jepri»)

Khepri é un deus maior da mitoloxía exipcia,símbolo da vida eterna e imaxe da constante transformación da existencia a dereita mostrase a inscrición en xeroglífico.

Khepri na tumba de Ramsés IX
Khepri
en xeroglífico
xpr
r
iA40
Khepri.

Represéntase cun escaravello ou unha figura humana con cabeza de escaravello, empuxando ao Sol polo ceo.

Khepri creábase a si mesmo cada mañá, renacendo como novo Sol, por iso foi vinculado con Atum, deus Sol autocreado. Como símbolo da vida eterna, o Sol da mañá, era unha manifestación do deus Ra. Segundo os textos das Pirámides a Terra era un salivazo de Khepri. Simboliza o principio das transformacións que experimentan os seres vivos, desde que nacen ata que falecen, ata do seu renacemento se superaban as probas no máis alá.

O seu principal santuario estaba en Iunu (Heliópolis), preto do Cairo.

O escaravello, utilizado nos rituais funerarios, foi un dos amuletos máis populares de Exipto.