Jennifer Uchendu

Jennifer Uchendu é unha ecofeminista nixeriana e defensora do desenvolvemento sustentable. É a fundadora dunha plataforma en liña que fai que a sustentabilidade sexa viable e interesante para mozos nixerianos a través dunha empresa social chamada SustyVibes.[1][2][3][4]

Jennifer Uchendu
Nacemento10 de agosto de 1992
Lugar de nacementoLagos, Nixeria
NacionalidadeNixeria
Alma máterCovenant University
Ocupaciónexecutiva
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Uchendu medrou en Lagos, onde asitiu á escola primaria e secundaria antes de matricularse na Universidade Covenant, onde completou unha licenciatura en bioquímica.[5]

En 2016, Uchendu fundou SustyVibes, unha empresa social que fai que a sustentabilidade sexa viable e interesante para os mozos de Nixeria a través de proxectos, produtos e política. SustyVibes naceu da necesidade de crear unha plataforma onde os mozos nixerianos poidan contribuír cos Obxectivos de Desenvolvemento sustentable a través de ferramentas da cultura pop como a música, a fotografía, os filmes, o turismo etc.[6][7][8][9]

O nome de SustyVibes é unha combinación de "Sustainable" e "Vibes" que busca facer do desenvolvemento sustentable un compromiso interesante para os mozos a partir dunha plataforma en liña onde todos poden coñecer as novas sobre sustentabilidade en Nixeria.[10][11]

Desde os comezoas, a organización xa formou a máis de 2000 alumnos de distintas escolas e ten unha rede de máis de 200 voluntarios en Nixeria.[12] SustyVibes organizou un obradoiro dun día sobre "Xuventude Liderando Sustentabilidade" durante o Día Internacional da Xuventude en Rivers State, en 2016.[13]

RecoñecementosEditar

  • Mandela Washington Fellowship 2018[14]
  • Vencedora do SME100 África de 2017, na categoría de sustentabilidade e enerxía[15]
  • Premio WIMBIZ de Investimento de Impacto 2017, 2º posición[16]

NotasEditar

  1. "MY INTERVIEW WITH JENNIFER UCHENDU OF SUSTYVIBES – GLOBAL SUSTAINABILITY". 
  2. "TEDxCovenantUniversity". Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  3. "BN Climate Change Conversation: Jennifer Reminds us that We Have a Crisis on Our Hands & We Need to Act NOW". Consultado o 18 de outubro de 2019. 
  4. "22 diverse voices to follow on Twitter this Earth Day". Consultado o 19 de abril de 2019. 
  5. "Meet 5 of Africa's Game-Changing Female Renewable Energy Leaders – Issue #1". [Ligazón morta]
  6. "SustyVibes to hold 1st ever environmental awareness photography exhibition in December". Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  7. "Lagos litter pickers want to clean up Nigeria's streets". Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  8. "SustyVibes is cleaning Nigeria, one party at a time". Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  9. "UN Secretary-General's Envoy on Youth at the 63rd session of the Commission on the Status of Women". 
  10. "My Stroll with Jennifer Uchendu, Founder, SustyVibes". 
  11. "Working Towards a Sustainable Nigeria". 
  12. "Young Entrepreneurs: Jennifer Uchendu". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  13. "How Can Young People Around the World Lead Sustainability?". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  14. "Jennifer Olachi Uchendu". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  15. "SME100 Rewards 25 Young Nigerian Entrepreneurs". 
  16. "Wimbiz Spotlights Africa's Current Greatest Resource".