Jennifer Doudna

bioquímica estadounidense

Jennifer Anne Doudna, nada en Washington o 19 de febreiro de 1964, é unha bioquímica estadounidense, catedrática de química e bioloxía celular e molecular na Universidade de California, Berkeley.[1][2] Foi investigadora no Instituto Médico Howard Hughes (HHMI) dende 1997.[3][4][5] En 2020 foi galardoada co Premio Nobel de Química «polo desenvolvemento dun método para a edición xenética», premio compartido con Emmanuelle Charpentier.[6]

Jennifer Doudna
Nome completoJennifer ekdm
Nacemento19 de febreiro de 1964
Lugar de nacementoWashington, D.C.
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard, Pomona College, Facultade de Medicina Harvard e Hilo High School
Ocupaciónbioquímica, bióloga molecular, profesora universitaria, química, cristalógrafo e participante do fórum internacional
CónxuxeJamie H. D. Cate
PremiosPremio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Breakthrough Prize in Life Sciences, Prêmio Dr. Paul Janssen de Pesquisa Biomédica, Prêmio Gruber de Genética, Prêmio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter, Prêmio Dickson de Medicina, Prêmio Internacional da Fundação Gairdner, Prêmio de Bioquímica e Biofísica A.H. Heineken, Prêmio Massry, Prêmio Tang, Premio L'Oréal -UNESCO, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Prêmio Alan T. Waterman, Prêmio Gabbay, Prêmio Lurie de Ciências Biomédicas, Warren Alpert Foundation Prize, Kavli Prize in Nanoscience, Croonian Lecture, Prêmio Japão, Prêmio Pearl Meister Greengard, Mildred Cohn Award in Biological Chemistry, Prêmio em Ciências Químicas NAS, Fellow of the AACR Academy, Prêmio Wolf de Medicina, Prémio William O. Baker para Iniciativas em Investigação, Prémio Harvey, F. A. Cotton Medal, Premio Nobel de Química, Beckman Young Investigators Award, Prêmio Eli Lilly de Química Biológica, Time 100, Vanderbilt Prize in Biomedical Science, Murray Goodman Memorial Prize, Bolsa de estudos Guggenheim, Prémio Nierenberg, Foreign Member of the Royal Society, Packard Fellowship for Science and Engineering, Medalha John Scott, Clarivate Citation Laureates e Prêmio Centro Médico Albany
Na rede
TED: jennifer_doudna Dialnet: 3923065 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Educación Editar

Doudna obtivo a súa licenciatura en química na Universidade de Pomona en 1985, e o seu doutoramento en bioquímica sobre ribozimas na Universidade Harvard, baixo a supervisión de Jack W. Szostak. Fixo o seu traballo de postdoutoramento con Thomas Cech na Universidade de Colorado, Boulder.

Investigación e carreira Editar

Durante a súa estancia no laboratorio Szotak, Doudna modificou o intrón catalítico do grupo I para convertelo nunha verdadeira ribozima catalítica capaz de copiar padróns de ARN.[7][8] Ao recoñecer as limitacións de non ser quen de ver os mecanismos moleculares das ribozimas, comezou a traballar para cristalizar e resolver a estrutura tridimensional do intrón catalítico do grupo I do protozoo Tetrahymena en 1991 no laboratorio de Cech e continuou mentres comezaba o seu profesorado na Universidade Yale en 1994. O grupo conseguiu formar cristais de alta calidade, pero tivo dificultades co problema das fases debido a unha unión non específica dos ións metálicos. Un dos seus primeiros estudantes de posgrao, quen despois se converteu no seu esposo, Jamie Cate, decidiu empapar os cristais en hexamina de osmio para imitar o magnesio. Empregando esta estratexia, foron capaces de resolver a estrutura, a segunda estrutura de ARN encartado dende o ARNt.[9][10] Os ións de magnesio agrúpanse no centro da ribozima facilitando o encartamento do ARN, de xeito similar ao rol do núcleo hidrofóbico no encartamento dunha proteína.[4]

Doudna foi ascendida ao posto de profesora de biofísica molecular e bioquímica Henry Ford II en Yale no ano 2000. En 2002, aceptou a posición como membro do claustro da Universidade de California, Berkeley como profesora de bioquímica e bioloxía molecular para estar máis preto da súa familia e do sincrotrón no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. O seu traballo inicial na solución de grandes estruturas de ARN levárona a facer máis estudos estruturais da ribozima do virus da hepatite delta (HDV), o IRES e complexos proteína-ARN como a partícula de recoñecemento de sinal.[4] O seu laboratorio agora enfócase nun entendemento mecanístico dos procesos biolóxicos que involucran o ARN. Este traballo está dividido en tres grandes áreas: o sistema CRISPR, ARN de interferencia e controis traducionais vía micro ARN.

En 2012 Doudna e os seus colegas realizaron un novo descubrimento que reducía o tempo de traballo necesario para editar o ADN xenómico. O seu descubrimento baséase nunha proteína chamada Cas9 que se atopa no sistema inmune da bacteria Streptococcus "CRISPR", e que traballa como unhas tesoiras. A proteína ataca a súa presa, o ADN do virus, e córtao.[11] No 2013, Doudna deu unha conferencia en TED sobre os aspectos bioéticos do uso de CRISPR.[12]

En outubro de 2020, Jennifer Doudna e o seu equipo anunciaron a creación dunha nova proba para detectar o virus da COVID-19, desenvolvida usando a técnica de CRISPR, e que permitirá detectar a enfermidade dun xeito máis rápido, sinxelo e a menor custo.[13]

Honras e premios Editar

Doudna foi Scholar Searle e recibiu en 1996 o Premio Beckman a Mozos Investigadores, o Premio NAS para Iniciativas investigadoras en 1999, e o Premio Alan T. Waterman no 2000. Foi elixida para a Academia Nacional de Ciencias en 2002 e para o Instituto de Medicina en 2010.[4]

Notas Editar

  1. Rogers, Kara. "Jennifer Doudna,American biochemist". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. Pollack, Andrew (11 de maio de 2015). "Jennifer Doudna, a Pioneer Who Helped Simplify Genome Editing". The New York Times. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  3. "Entrevista de la Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Marino, Melissa. "Biography of Jennifer A. Doudna". PMID 15574498. doi:10.1073/pnas.0408147101. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  5. Publicacións de Jennifer Doudna Arquivado 20 de xuño de 2019 en Wayback Machine. indexadas pola base de datos bibliográfica Scopus, un servizo de Elsevier.
  6. Redacción (2020-10-07). "O Nobel de Química recoñece a dúas mulleres por primeira vez na historia". GCiencia. Consultado o 2020-10-09. 
  7. Rajagopal, J.; Doudna; Szostak. "Stereochemical course of catalysis by the Tetrahymena ribozyme" 244 (4905). ISSN 0036-8075. PMID 2470151. doi:10.1126/science.2470151. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  8. Howard Hugues Medical Institue. "Our Scientists: Jennifer A. Doudna, PhD". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  9. Powell, Kendall. "Reinassance Women" (PDF). Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  10. Cate, Jamie H.; Gooding; Podell; Zhou; Golden; Kundrot; Cech; Doudna. "Crystal Structure of a Group I Ribozyme Domain: Principles of RNA Packing" 273 (5282). ISSN 0036-8075. PMID 8781224. doi:10.1126/science.273.5282.1678. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  11. Russell, Sabin. "Cracking the Code: Jennifer Doudna and Her Amazing Molecular Scissors." Cal Alumni Association. N.p., 2014. Web. 17 Mar. 2015. http://alumni.berkeley.edu/california-magazine/winter-2014-gender-assumptions/cracking-code-jennifer-doudna-and-her-amazing
  12. "We can now edit our DNA. But let's do it wisely". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  13. "¡La prueba del coronavirus en cinco minutos!". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-10-16. Consultado o 2020-11-04.