Jennifer Capriati

tenista profesional estadounidense

Jennifer Marie Capriati, nada en Wesley Chapel (Florida) o 29 de marzo de 1976 é unha ex xogadora de tenis estadounidense.

Jennifer Capriati
Jennifer Capriati Wimbledon 2004.jpg
Nome completoJennifer Marie Capriati
Nacemento29 de marzo de 1976
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióntenista
PremiosLaureus World Sports Award for Comeback of the Year, Laureus World Sports Awards de Atleta feminina do ano, Best Comeback Athlete ESPY Award e International Tennis Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Jennifer aprendeu a xogar ao tenis moi pequena, xa que o seu pai Stephano lle deu as primeiras clases. Cando era máis nova foi adestrada por Chris Evert. Converteuse en profesional o 5 de marzo de 1990, aos trece anos de idade, co seu debut no WTA Tour de Boca Raton. Converteuse na xogadora profesional máis nova que xogou unha final, con trece anos e once meses. No seu camiño derrotou catro xogadoras cabeza de serie, entre elas a número 10 do mundo, Helena Suková.

O 9 de abril de 1990 debutou na clasificación da WTA no posto vinte e cinco. Ese mesmo ano converteuse na sefinalista máis nova en Roland Garros, con 14 anos e 2 meses, perdendo ante Monica Seles. Isto colocouna entre as vinte primeiras da WTA.

No torneo de Wimbledon dese ano, converteuse na muller máis nova de todas as cabezas de serie, sendo a número 12. Capriati gañou o seu primeiro título en Porto Rico, derrotando a Zina Garrison na final e converténdose na cuarta xogadora máis nova que gañou un título. Isto permitiuna entrar no top 10 do mundo, a máis nova en logralo, con 14 anos e 235 días. Ese mesmo ano, xogou coa número un Steffi Graf un partido de tres sets e acabou a temporada como número 8 do mundo.

En 1991 alcanzou a súa segunda semifinal de Grand Slam de forma consecutiva con 15 anos e 95 días, converténdose na semifinalista máis nova de Wimbledon derrotando a Martina Navratilova nos cuartos de final. Venceu a número un do mundo Monica Seles ese ano e tamén defendeu o campionato contra Gabriela Sabatini no Aberto dos Estados Unidos. En 1992 chegou a tres cuartos de final do Grand Slam. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, derrotando a Steffi Graf no partido pola medalla de ouro.

Despois dalgunhas derrotas decepcionantes en 1993, Jennifer Capriati tomou un descanso das competicións para concentrarse na súa educación universitaria, e despois viuse envolta nunha serie de problemas personais e legais. Descuberta roubando nunha tenda en decembro de 1993, Capriati foi arrestada tamén por posesión de marihuana en maio de 1994. Volveu ás competicións de tenis en novembro dese ano, mais xogou só un partido, que perdeu para de novo deixar de xogar durante quince meses. Descendeu do top 10 en xaneiro de 1994 e non xogou no WTA tour en 1995.

Volveu ás competicións en 1996, e aínda que tivo un comezo dubitativo, gañou o título individual de Luxemburgo o 25 de setembro de 2000.

En 2001 comezou un regreso con éxito, gañando o Aberto de Australia e Roland Garros e defendeu con éxito o ano seguinte o título australiano. Perdeu o seu primeiro partido de defensa do Aberto de Australia. Non obstante, gañou o título individual en New Haven, Connecticut o 18 de agosto do mesmo ano, culminando o ano no top 10 a WTA por sexta vez.

En 2003 tiña 14 títulos individuais gañados e un dobre xunto a Monica Seles, obtido en 1991 no Aberto de Italia. Foi número un en varias ocasións en 2001 e 2002. En xaneiro de 2004 retirouse do Aberto de Australia debido a un problema no seu lombo. En agosto, viuse forzada a abandonar o equipo de tenis dos Estados Unidos para os Xogos Olímpicos por unha lesión nun tendón e foi substituída por Lisa Raymond. En setembro, no Aberto dos Estados Unidos, foi derrotada unha vez máis.

O 15 de abril de 2012, foi incluída no Salón da Fama do Tenis como recoñecemento á súa carreira deportiva.[1]

Torneos do Grand Slam (3)Editar

IndividuaisEditar

Títulos (3)Editar

Ano Torneo Opoñente na final Resultado
2001   Aberto de Australia   Martina Hingis 6-4, 6-3
2001   Roland Garros   Kim Clijsters 1-6, 6-4, 12-10
2002   Aberto de Australia   Martina Hingis 4-6, 7-6(7), 6-2

Títulos WTA (15; 14+1)Editar

Individuales (14)Editar

Lenda
Grand Slam (3)
WTA Tour Championships (0)
Xogos Olímpicos (1)
Tier I (2)
Tier II (4)
Tier III (3)
Tier IV & V (1)
N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 22 de outubro de 1990   San Xoán Dura   Zina Garrison 5-7, 6-4, 6-2
2. 29 de xullo de 1991   San Diego Dura   Monica Seles 4-6, 6-1, 7-6(2)
3. 5 de agosto de 1991   Toronto Dura   Katerina Maleeva 6-2, 6-3
4. 27 de xullo de 1992   Xogos Olímpicos Terra batida   Steffi Graf 3-6, 6-3, 6-4
5. 24 de agosto de 1992   San Diego Dura   Conchita Martínez 6-3, 6-2
6. 11 de xaneiro de 1993   Sídney Dura   Anke Huber 6-1, 6-4
7. 17 de maio de 1999   Estrasburgo Terra batida   Elena Likhovtseva 6-1, 6-3
8. 1 de novembro de 1999   Quebec Dura   Chanda Rubin 4-6, 6-1, 6-2
9. 25 de setembro de 2000   Luxemburgo Dura   Magdalena Maleeva 4-6, 6-1, 6-4
10. 15 de xaneiro de 2001   Aberto de Australia Dura   Martina Hingis 6-4, 6-3
11. 16 de abril de 2001   Charleston Terra batida   Martina Hingis 6-0, 4-6, 6-4
12. 28 de maio de 2001   Roland Garros Terra batida   Kim Clijsters 1-6, 6-4, 12-10
13. 14 de xaneiro de 2002   Aberto de Australia Dura   Martina Hingis 4-6, 7-6(7), 6-2
14. 18 de agosto de 2003   New Haven Dura   Lindsay Davenport 6-2, 4-0, ret

Finalista (17)Editar

# Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 11 de marzo de 1990   Boca Raton Dura   Gabriela Sabatini 4-6, 5-7
2. 8 de abril de 1990   Charleston Terra batida   Martina Navrátilová 2-6, 4-6
3. 17 de novembro de 1991   Filadelfia Dura   Monica Seles 5-7, 1-6
4. 22 de agosto de 1993   Toronto Dura   Steffi Graf 1-6, 6-0, 3-6
5. 3 de novembro de 1996   Chicago Dura   Jana Novotná 4-6, 6-3, 1-6
6. 12 de xaneiro de 1997   Sydney Dura   Martina Hingis 1-6, 7-5, 1-6
7. 5 de novembro de 2000   Québec City Dura (i)   Chanda Rubin 4-6, 2-6
8. 25 de febreiro de 2001   Oklahoma City Dura (i)   Monica Seles 3-6, 7-5, 2-6
9. 1 de abril de 2001   Miami Dura   Venus Williams 6-4, 1-6, 6-7(4)
10. 13 de maio de 2001   Berlín Terra batida   Amélie Mauresmo 4-6, 6-2, 3-6
11. 19 de agosto de 2001   Montreal Dura   Serena Williams 1-6, 7-6(7), 3-6
12. 3 de marzo de 2002   Scottsdale Dura   Serena Williams 2-6, 6-4, 4-6
13. 1 de abril de 2002   Miami Dura   Serena Williams 5-7, 6-7(4)
14. 18 de agosto de 2002   Montreal Dura   Amélie Mauresmo 4-6, 1-6
15. 29 de marzo de 2003   Miami Dura   Serena Williams 6-4, 4-6, 1-6
16. 27 de xullo de 2003   Stanford Dura   Kim Clijsters 6-4, 4-6, 2-6
17. 16 de maio de 2004   Roma Terra batida   Amélie Mauresmo 6-3, 3-6, 6-7(6)

Dobres (1)Editar

Lenda
Grand Slam (0)
WTA Tour Championships (0)
Xogos Olímpicos (0)
Tier I (12)
Tier II (0)
Tier III (0)
Tier IV & V (0)
N.º Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 12 de maio de 1991   Roma Terra batida   Monica Seles   Nicole Bradtke
  Suráfrica Elna Reinach
7-5, 6-2

Finalista (1)Editar

N.º Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 21 de xuño de 2003   Eastbourne Herba   Magüi Serna   Lindsay Davenport
  Lisa Raymond
3-6, 2-6

Clasificación histórica nos Grand SlamsEditar

Torneo 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Career SR
Aberto de Australia A A QF QF A A A 1R A 2R SF W W 1R A 2 / 8
Roland Garros SF 4R QF QF A A 1R A A 4R 1R W SF 4R SF 1 / 11
Wimbledon 4R SF QF QF A A A A 2R 2R 4R SF QF QF QF 0 / 11
Aberto dos Estados Unidos 4R SF 3R 1R A A 1R 1R 1R 4R 4R SF QF SF SF 0 / 13
Grand Slam SR 0 / 3 0 / 3 0 / 4 0 / 4 0 / 0 0 / 0 0 / 2 0 / 2 0 / 2 0 / 4 0 / 4 2 / 4 1 / 4 0 / 4 0 / 3 3 / 43

A = Ausente, non participou no torneo

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar