Jennifer Aniston

actriz estadounidense

Jennifer Joanna Aniston, nada no barrio de Sherman Oaks, nos Ánxeles (California) o 11 de febreiro do 1969, é unha actriz estadounidense de cinema e mais de televisión. Comezou a súa carreira na década dos 90 acadando sona internacional pola interpretación do personaxe Rachel Green da popular sitcom Friends; grazas ó devandito papel gañou un Premio Emmy, un Globo de Ouro e mais un Premio do Sindicato de Actores.

Modelo:BiografíaJennifer Aniston

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jennifer Joanna Aniston Editar o valor en Wikidata
11 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Sherman Oaks, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBel Air
Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoGreco-americanos (pt) Traducir, Ítalo-americanos (pt) Traducir, Albanian Americans (en) Traducir, irlandoamericano, Anglo-americano (pt) Traducir, escocés-americano e Pobo arbëreshë Editar o valor en Wikidata
EducaciónLaGuardia Community College (en) Traducir (1987–)
Fiorello H. LaGuardia High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión, emprendedora, produtora delegada, empresaria, actriz de teatro, produtora, actriz de dobraxe, actriz de cinema, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
SAG-AFTRA (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado200 M$ (maio de 2017) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJustin Theroux (2015–2018), divorcio
Brad Pitt (2000–2005), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaJustin Theroux (2012–2015)
John Mayer (2008–2009)
Vince Vaughn (2005–2006)
Brad Pitt (1998–2000)
Tate Donovan (1995–1998)
Adam Duritz (1995–1995)
Daniel McDonald (1990–1995)
Charlie Schlatter Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Aniston Editar o valor en Wikidata  e Nancy Dow Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Babepedia Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000098 Allocine: 12336 Rottentomatoes: celebrity/jennifer_aniston Allmovie: p1831 TCM: 358262 TV.com: people/jennifer-aniston IBDB: 453105
Facebook: JenniferAniston Twitter: JenniferAnnistn Instagram: jenniferaniston BNE: XX1295596 Musicbrainz: 008384b8-150b-4154-8782-efe612fccc22 Discogs: 585380 WikiTree: Aniston-2 Editar o valor en Wikidata

É protagonista de varios filmes de Hollywood, e a pesar de que a maioría dos seus papeis veñen sendo comedias -Bruce Almighty, Office Space, Corre o rumor...- e comedias románticas -Along Came Polly, The Break-Up-, tamén actuou en filmes doutros xéneros, como a comedia de terror Leprechaun, o filme de suspense e crime Derailed e o drama musical Rock Star.

Traxectoria

editar

Jennifer Aniston naceu en Sherman Oaks (Os Ánxeles, California) e medrou na cidade de Nova York.[1] É a filla do actor John Aniston e da actriz Nancy Dow.[2] O seu pai é grego americano, nado como Yannis Anastassakis, na illa de Creta, namentres que a súa nai, de ascendencia italiano-escocesa, naceu na cidade de Nova York. O seu pai actuou nas telenovelas “Love of Life”, “Search for Tomorrow” e en “Days of our Lives” no papel do vilán Viktor Kiriakis,[2] amais de múltiples colaboracións en películas ou doutras series. Aniston estivo a vivir en Grecia durante un ano cando cativa coa súa familia e máis adiante mudáronse á cidade de Nova York cando no 1975 o sei pai se fixo cun papel na telenovela “Love of Life”.[2][3] O 20 de agosto do 1980 con nove anos de idade, os seus pais divorciáronse e ela ficou a vivir cabo da súa nai en Nova York.[3]

Aniston ten dous medio irmáns, John Melick (o maior) e Alex Aniston (o máis novo).[1][2] O seu padriño era o actor artisticamente coñecido como Telly Savalas, finado xa o 22 de xaneiro do 1994 e fillo de emigrantes gregos, quen mantivo unha íntima amizade co pai de Jennifer,[1][2] que incluso o fixo aparecer na exitosa serie de televisión “Kojak”.[4] Ós 6 anos, os seus pais matriculárona na escola Rudolf Steiner School, en Nova York[2] onde tivo o seu primeiro contacto coa interpretación ós 11 anos de idade cando entrou no club de teatro[3][5]. A súa experiencia na dita escola tamén axudou a Aniston a desenvolver unha paixón pola arte. Ós 11 anos, uns dos seus cadros foi seleccionado para ser exposto no museo metropolitano Metropolitan Museum of Art de Nova York[3]. Ós 15 anos comezou a súa aprendizaxe na interpretación profesional cando foi aceptada na escola secundaria Fiorello H. LaGuardia High School of Music & Art and Performing Arts en Manhattan, Nova York.[1][3] No ano 1987, despois de se graduar na escola superior, Aniston pasou un ano a vivir coa súa nai.[3] Ela non quixo ir á universidade. Pola contra, traballou nunha hamburguesería chamada Jackson Hole en Manhattan[3] e en varios empregos temporais, como de televendedora e como mensaxeira en bicicleta.[2] Durante ese tempo, conseguiu papeis en producións off-Broadway como "For Dear Life" no Teatro Público de Nova York e "Dancing on Checker's Grave".[2][3] No 1989, mudouse aos Ánxeles, California.[6]

A súa carreira

editar

En 1989, antes de se mudar ós Ánxeles, Aniston traballou en Molloy.[4] Interpretaba a irmá máis vella e malcriada do personaxe central, "Courtney", e durou seis episodios. En 1990, e xa residente en Hollywood, conseguiu o seu primeiro papel no filme de televisón Camp Cucamonga.[7] Tamén foi co-protagonista na serie Ferris Bueller, unha versión do exitoso filme de 1986 Ferris Bueller's Day Off.[7] Interpretou a "Jeanie Bueller", a irmá insoportábel do protagonista. Non obstante, a serie foi rapidamente cancelada tras durar un ano.[2] Daquela, Aniston fixo dúas comedias máis de televisión tamén fracasadas, The Edge e Muddling Through, e apareceu como estrela invitada en Quantum Leap, Herman's Head e en Burke's Law.[7] Despois dunha cadea de seriais canceladas, alén do seu ridiculizado filme de horror do 1992, Leprechaun,[8] Aniston considerou renunciar á interpretación.[2] Porén, os plan de Aniston mudarían ó facer unha proba para Friends, unha serie de comedia que se estreou na NBC na temporada 1994-1995[1][9]. Os produtores da serie orixinalmente querían que Aniston fixera unha proba para o papel de Monica Geller,[9] mais logo decidiron que ese papel acaíalle mellor a Courteney Cox. Deste xeito, Aniston foi escollida para o papel de Rachel Green. Ela interpretaría o personaxe de Rachel dende o 1994 até a fin da serie, no 2004.[10]

 
Jennifer Aniston co seu compañeiro de elenco Steve Zahn na estrea do seu filme "Management"

A serie atangueu moito éxito e Aniston, xunto cos seus compañeiros de elenco, acadou sona entre os telespectadores.[1] O seu peiteado, que nese tempo pasou a ser coñecido como "ó Rachel", foi moi copiado.[1][2] Aniston recibiu un salario dun millón de dólares por episodio nas dúas últimas tempadas de Friends, así como cinco nomeamentos ós Emmy (dous como Actriz Secundaria e tres como Actriz Principal),[11][12][13][14] incluíndo o gañado como Mellor Actriz Principal nunha Serie de Comedia.[15] Segundo o Libro Mundial de Récords Guinness (2005), Aniston (xunto coas súas compañeiras de elenco) converteuse na actriz de televisión mellor pagada de tódolos tempos polos seus cheques dun millón de dólares por episodio na décima e derradeira tempada de Friends[16].

No 1994, Microsoft convidou a Aniston, xunto co seu compañeiro en Friends, Matthew Perry, para unha promoción de 30 minutos de publicidade para o seu novo sistema operativo, Windows 95[17]. Máis tarde, Jennifer Aniston apareceu nun comercial de Heineken que logo foi prohibido debido a cuestións de marca. Ela gañou a aclamación da crítica polas súas actuacións nos filmes The Object of My Affection (1998), unha comedia dramática sobre unha moza que se namora dun home homosexual[18], e polo filme de baixo orzamento The Good Girl (2002), dirixido por Miguel Arteta, onde facía o papel dunha caixeira pouco atractiva nun pequeno pobo. Este último filme estreouse en relativamente poucas salas de cinema (menos de 700), acadando $14 millóns na recadación dos Estados Unidos[19]. A finais do 2005, Aniston fixo dous filmes producidos por grandes estudios, Derailed e Corre o rumor...[20][21].

Alén da súa carreira como actriz de televisión, Aniston gozou dunha carreira cinematográfica de moito éxito. O filme no que máis acadou en recadación até hoxe foi na súa aparición no 2003 con Bruce Almighty, na que desempeñou o papel da moza do personaxe do Jim Carrey[22]. Aniston logo protagonizou o filme Along Came Polly (2004), fronte Ben Stiller[23]. No ano 2006, Aniston apareceu no drama de baixo orzamento Friends with Money, que se amosou primeramente no Festival de Cinema de Sundance, cunha limitada presentación. A próxima película de Aniston, The Break-Up, estreada o 2 de xuño, recadou aproximadamente 39,17 millóns de $ durante a súa fin de semana de abertura, a pesar das mornas críticas.[24]

No 2007 foi como invitada estrela nun capítulo na serie de Courteney Cox Arquette, Dirt. Aniston facía o papel de Tina Harrod, unha fachendosa rival de Arquette[25]. Amais de actuar, Aniston dirixiu unha curtametraxe, Room 10, protagonizada por Robin Wright Penn e Kris Kristofferson[26].

Forbes clasificou a Aniston como a 10ª muller máis rica na industria do espectáculo no ano 2007, por detrás de grandes celebridades coma son Oprah Winfrey, J. K. Rowling, Madonna, Mariah Carey, Celine Dion e Jennifer Lopez e diante de Britney Spears, Christina Aguilera e as xemelgas Olsen. O valor neto de Aniston é aproximadamente $110 millóns[27]. Aniston foi tamén incluída no anual Top 10 "Star Salary" da revista comercial The Hollywood Reporter do 2006[28]. Segundo Forbes en outubro do 2007, Aniston foi a celebridade de venda superior cara á industria do espectáculo[29]. No 2008, Aniston ocupou o décimo sétimo posto en Forbes na lista Celebrity 100 baseada en "ingresos e fama"[30]. Forbes listou os ingresos da Aniston en 27 millóns de dólares[31].

Aniston fixo un cameo (ou breve aparición) no terceiro episodio da terceira tempada da serie 30 Rock da NBC, interpretando unha antiga compañeira de cuarto de Liz Lemon na universidade que anda a axexar a Jack Donaghy. O 25 de decembro do 2008 saía ó ar nos Estados Unidos o filme Marley & Me, protagonizado por Aniston e Owen Wilson, o cal fixou o meirande récord de recadación do día de Nadal, con 14,75 millóns de dólares na venda de entradas. Obtivo un total de 51,7 millóns ó longo dos catro días da fin de semana e ocupou o primeiro lugar en recadación, posición que se mantivo durante dúas semanas[32]. A partir do 15 de febreiro do 2009, o total en bruto en todo o mundo foi de 161,608,269 dólares[33].

O seu seguinte filme, He's Just Not That into You, estreuose en febreiro do 2009. A película fixo 27,5 millóns, clasificándose número #1 en recadación na súa abertura de fin de semana[34]. Namentres o filme recibía comentarios mixtos, Aniston canda Jennifer Connelly e Ben Affleck foron a miúdo gabados pola crítica como o soporte de saída da película[35][36]. A partir do 2009, os filmes de Aniston fixeron 900,618,847 de dólares brutos nos Estados Unidos[37].

O 16 de xullo do 2009 Jennifer Aniston foi finalista nos Premios Emmy polo seu traballo na serie 30 Rock.

A súa vida persoal

editar
 
Aniston no Festival de Cine Internacional de Toronto 2008.

Noutrora, Aniston estivo a saír co seu compañeiro da serie Ferris Bueller, o actor Charlie Schlatter en 1990[38]. Ela comezou unha relación con Daniel MacDonald no 1991, que rematou no 1994, pouco antes de que saíse ó ar Friends[38].

Aniston estivo un breve tempo a saír co músico Adam Duritz no 1995[2][38]. Dende 1995 até 1998 tivo un romance co actor Tate Donovan[38], mais a parella informou estar comprometida[39].

No 1998 empezou a saír co actor Brad Pitt e casaron o 29 de xullo do 2000 nunha luxosa voda en Malibú[40]. A parella anunciou a súa separación o 6 de xaneiro do 2005[38].

 
Antiga residencia de Aniston e Pitt en Santa Barbara

Aniston declarou que o seu divorcio fixo que se achegara á súa nai, Nancy, coa que non tivo relación durante case unha década. Ó primeiro distanciáronse cando Nancy falou da súa filla nun programa de televisión, e logo, en 1999 escribiu un libro titulado, De nai a filla a amigas: Lembranzas[41].

Logo do seu divorcio, Aniston comezou unha relación co actor Vince Vaughn, con quen coprotagonizou o filme The Brak Up[38], mais en decembro de 2006 separáronse[38]. Ela estivo uns poucos meses co modelo Paul Sculfor no 2007[38]. En abril do 2008, comezou unha relación co cantante John Mayer[38], mais separáronse en marzo do 2009[38].

Filantropía

editar

Aniston participa no Friends of El Faro[42], unha organización sen ánimo de lucro de grassroots que axuda a recadar cartos para o orfanato Casa Hogar Sion, en Tijuana, México. Tamén apareceu en moitos anuncios de televisión para o hospital St. Jude's Children's Research Hospital, do que é unha grande contribuínte. Fixo unha aparición como invitada no programa Oprah's Big Give para apoia-la causa, e doar diñeiro para axudar. Aniston foi a anfitrioa no programa Stand Up to Cancer en setembro do 2008. Na campaña "It Can't Wait" para liberar Birmania, Aniston dirixiu e protagonizou un vídeo. O 14 de abril de 2007, Aniston recibiu un Vanguard Award da GLAAD polas súas contribucións ó aumento da visibilidade e á comprensión das comunidades de gays e lesbianas, bisexuais e transexuais.

Filmografía

editar

Velaquí a filmografía completa, tanto do cinema coma da televisión de Aniston. Tamén inclúe os seus traballos como produtora e mais como directora.

Actriz

editar
 
Aniston na premiere do seu filme He's Just Not That into You
Cinema
Ano Filme Personaxe Observacións Recadación Mundial
1993 Leprechaun Tory Reding Primeira Longametraxe $8,556,940[43]
1996 She's the One Renee Fitzpatrick - $14,549,219[44]
Dream for an Insomniac Allison - $24,727[45]
1997 Ata que te encontrei Debbie - $3,525,125[46]
Picture Perfect Kate Mosely - $44,332,015[47]
1998 The Thin Pink Line Clove - -
Waiting for Woody Jennifer Aniston Curtametraxe -
The Object of My Affection Nina Borowski - $46,905,889[48]
1999 Office Space Joanna - $10,827,810[49]
The Iron Giant Annie Hughes Voz $23,159,305[50]
2001 Rock Star Emily Poule - $19,334,145[51]
2002 A boa rapaza Justine Last - $16,856,124[52]
2003 Bruce Almighty Grace Connelly Nomeada a un MTV Movie Award compartido con Jim Carrey

Nomeada a un Teen Choice Award

$484,592,874[53]
Abby Singer Herself Cameo -
2004 Along Came Polly Polly Prince Nomeada a un MTV Movie Award compartido con Ben Stiller $171,963,386[54]
2005 Derailed Lucinda Harris - $57,479,076[55]
Corre o rumor... Sarah Huttinger - $88,933,562[56]
2006 Friends with Money Olivia - $18,245,244[57]
The Break-Up Brooke Meyers Gañou un Teen Choice Award

Nomeada a un Teen Choice Award

$204,999,686[58]
2008 Marley & Me Jenny Grogan Récord en recadación no Nadal con $14.75 millóns $242,717,113[59]
2009 He's Just Not That into You Beth Murphy - $178,846,899[60]
Management Sue Claussen Tamén produtora $2,071,049[61]
Love Happens Eloise Chandler - $34,742,432[62]
Journey to Sundance Ela mesma Documental -
2010 The Bounty Hunter Nicole Hurly - $131,966,280[63]
The Switch Kassie Larson - -
2011 Just Go With It Katherine Palmer Post-produción -
Como acabar co teu xefe - -
The Goree Girls Trisha Durrant -
2012 Wanderlust - Pre-produción -
Televisión
Ano Título Personaxe Observacións
1990 Molloy Courtney Serie de televisión (cancelada)[64]
1990 Camp Cucamonga Ava Schector Telefilme
1990-1991 Ferris Bueller' Jeannie Bueller Serie de televisión (cancelada)
19921993 The Edge personaxes varias Serie de televisión
1994 Muddling Through Madeline Drego Cooper Serie de televisión
19942004 Friends Rachel Green Serie de televisión
2004 Growing Up Grizzly 2 Ela mesma Documental
Como convidada
Ano Serie Personaxe Título ep. (tempada x nº cap.)
1992 Quantum Leap Kiki Wilson "Nowhere to Run" (5x4)
19921993 Herman's Head Suzie Brooks
  • "Twisted Sister" (1x25)
  • "Jay Is for Jealousy" (3x8)
1994 Burke's Law Linda Campbell "Who Killed the Beauty Queen?" (1x4)
1995 The Larry Sanders Show Ela mesma "Conflict of Interest" (4x10)
1998 Partners CPA Suzanne "Follow the Clams?" (1x17)
Ellen Ela mesma "Ellen: A Hollywood Tribute: 2ª Parte" (5x20)
Hércules de Disney Galatea (Voz) "Dream Date" (1x27)
1999 South Park Mrs. Stevens - Mestra do coro (Voz) "Rainforest Schmainforest" (3x1)
2003 Freedom: A History of Us Jessie Benton "Wake Up America " (1x4)
King of the Hill Pepperoni Sue/Stephanie (Voz) "Queasy Rider" (7x13)
2007 Dirt Tina Harrod "Ita Missa Est " (1x13)
2008 30 Rock[65] Claire Harper "The One with the Cast of Night Court" (3x3)
Videoxogos
Ano Xogo Personaxe Observaciós
1996 Steven Spielberg's Director's Chair Laura Voz

Directora

editar
Ano Título Observacións
2006 Room 10 Curtametraxe

Produtora

editar
Ano Título Observacións
2008 Management Executive producer
2010 The Switch Executive producer
2011 The Goree Girls Producer

Premios

editar

Jennifer Aniston gañou múltiples premios durante a súa carreira, tanto en producións de cinema coma de televisión. Velaquí unha lista completa das categorías onde foi finalista e dos premios conseguidos:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Hello Magazine Profile - Jennifer Aniston". Hello Magazine. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2009. Consultado o 2008-08-08. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 "Jennifer Aniston Biography". People. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 2008-05-21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "NetGlimse - Jennifer Aniston Biografía". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 "Clarín.com - ENTREVISTA A JENNIFER ANISTON". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2009. 
  5. Fussman, Cal (2002-10-01). "A Woman We Love: Jennifer Aniston". Esquire. Consultado o 2008-08-08. 
  6. "Biography of Jennifer Aniston". Tiscali. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Hello Magazine Filmography - Jennifer Aniston". Hello Magazine. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  8. Canby, Vincent (1993-01-09). "Leprechaun Review". New York Times. Consultado o 2008-08-08. 
  9. 9,0 9,1 "E! True Hollywood Story: Friends". E! True Hollywood Story. Tempada 10. Episodio 15. 19-11-2006. E!. 
  10. Marta Kauffman, David Crane e Kevin S. Bright (1994-09-22). "The Pilot". Friends. Tempada 1. Episodio 1. 30 No minuto. NBC. 
  11. "IMDB: Emmy Awards 2000". IMDB.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  12. "IMDB: Emmy Awards 2001". IMDB.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2016. Consultado o 2008-08-08. 
  13. "2003 Emmy Award Comedy Nominations". Emmy Awards Online. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  14. "2004 Emmy Award Comedy Nominations". Emmy Awards Online. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  15. Silverman, Stephen M. (2002-09-22). "Emmy Awards Make New Best 'Friends'". People. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  16. Guinness World Records 2005: Special 50th Anniversary Edition. Guinness. 2008-08-08. p. 288. ISBN 1-892051-22-2. 
  17. Elliott, Stuart (1995-07-31). "The Media Business: Advertising; Haven't heard of Windows 95? Where have you been hiding?". New York Times. Consultado o 2008-08-08. 
  18. Maslin, Janet (1998-04-17). "The Object of My Affection Review". New York Times. Consultado o 2008-08-08. 
  19. Schwarzbaum, Lisa (2002-08-07). "The Good Girl Review". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 2008-08-08. 
  20. Chang, Justin (2005-11-05). "Derailed Review". Variety. Consultado o 2008-08-08. 
  21. Ebert, Roger (2005-12-23). "Rumor Has It Review". Chicago Sun-Times. Roger Ebert.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 2008-08-08. 
  22. Koehler, Robert (2003-05-23). "Bruce Almighty Review". Variety. Consultado o 2008-08-08. 
  23. Papamichael, Stella. "BBC Films - Along Came Polly Review". BBC. Consultado o 2008-08-08. 
  24. "Box Office Mojo". The Break-Up's opening weekend gross. Consultado o June 16 2006. 
  25. "TVSquad.com". Jennifer Aniston to guest star on Dirt. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2010. Consultado o March 2 2007. 
  26. "And She Directs Too, Jennifer Aniton Marks Directing Debut With Short Film For Glamour Reel Moments". CBS News. 2006-10-17. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2008-08-08. 
  27. "Forbes.com". In Pictures: The Richest 20 Women In Entertainment. Consultado o March 2 2007. 
  28. "Hollywood.com". Nicole Kidman Tops Hollywood Earners List at Hollywood.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o March 2 2007. 
  29. "Fab Tab Cover Stars". Forbes. 2007-10-02. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 2008-08-08. 
  30. "Forbes Celebrity 100 Has a Big 'O'". Celebuzz.com. 2008-06-12. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 04 de abril de 2009. 
  31. "The Celebrity 100". Forbes. 2008-06-12. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2008. Consultado o 04 de abril de 2009. 
  32. Wethcer, Barry (2008-12-26). "‘Marley & Me’ sets Christmas Day record". MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 2008-05-21. 
  33. "Marley and Me (2008)". Box Office Mojo. Consultado o 2008-05-21. 
  34. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2009. 
  35. "He's Just Not That Into You". Metacritic.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2010. Consultado o 2008-05-21. 
  36. Cooper, Jackie K. "Jennifer Aniston and Ben Affleck in "He's Just Not That In To You"". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 2008-05-21. 
  37. "Jennifer Aniston". Box Office Mojo. Consultado o 2008-05-21. 
  38. 38,00 38,01 38,02 38,03 38,04 38,05 38,06 38,07 38,08 38,09 "Jennifer Aniston Biography". Movies Yahoo!. Consultado o 2008-05-21. 
  39. "Tate Donovan Biography". Yahoo!. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 2008-05-21. 
  40. "Brad Pitt Biography". People. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 2008-05-21. 
  41. Laurence, Charles (2006-12-15). "Not even friends...". Los Angeles National Post. 
  42. "Friends of El Faro". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 18 de decembro de 2008. 
  43. http://www.worldwideboxoffice.com/movie.cgi?title=Leprechaun&year=1993
  44. http://www.worldwideboxoffice.com/movie.cgi?title=She%27s%20the%20One&year=1996
  45. http://boxofficemojo.com/movies/?id=dreamforaninsomniac.htm
  46. http://boxofficemojo.com/movies/?id=tiltherewasyou.htm
  47. http://boxofficemojo.com/movies/?id=pictureperfect.htm
  48. http://boxofficemojo.com/movies/?id=objectofmyaffection.htm
  49. http://boxofficemojo.com/movies/?id=officespace.htm
  50. http://boxofficemojo.com/movies/?id=irongiant.htm
  51. http://boxofficemojo.com/movies/?id=rockstar.htm
  52. http://boxofficemojo.com/movies/?id=goodgirl.htm
  53. http://boxofficemojo.com/movies/?id=brucealmighty.htm
  54. http://boxofficemojo.com/movies/?id=alongcamepolly.htm
  55. http://boxofficemojo.com/movies/?id=derailed.htm
  56. http://boxofficemojo.com/movies/?id=rumorhasit.htm
  57. http://boxofficemojo.com/movies/?id=friendswithmoney.htm
  58. http://boxofficemojo.com/movies/?id=breakup.htm
  59. http://boxofficemojo.com/movies/?id=marleyandme.htm
  60. http://boxofficemojo.com/movies/?id=hesjustnotthatintoyou.htm
  61. http://boxofficemojo.com/movies/?id=management.htm
  62. http://boxofficemojo.com/movies/?id=traveling.htm
  63. http://boxofficemojo.com/movies/?id=bountyhunter.htm
  64. LYNN HIRSCHBERG (21). "The Screens Issue. Screens Goddess". NYTimes.com. Consultado o 9 August 2009. 
  65. Goldstein, Andew M. (2008-09-14). "‘30 Rock’ Snags Martin, Maybe Oprah". New York. Consultado o 2009-07-06. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar