Jemima Moore

atleta australiana

Jemima Moore, nada en Geelong o 18 de marzo de 1992,[1] é unha atleta paralímpica de Australia que compite nas probas de 4x100 m relevos na categoría T53-54. Representou a Australia nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008 e Río 2016.[2]

Infotaula de personaJemima Moore

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Geelong, Australia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo paralímpico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
setembro de 2008Jogos Paralímpicos de Verão de 2008 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Geelong, Victoria.[1] Á idade de seis anos, colapsou debido a un raro virus espinal, afectando a parte baixa das súas costas e causándolle unha paraplexía incompleta a longo prazo.

Carreira deportiva editar

Competiu nos Xogos Paralímpicos de Verán 2008 en Pequín, na China. Alí gañou unha medalla de prata na proba de relevos 4x100 metros feminino na categoría T53-54. Tamén competiu nos 100 metros individuais para atletas T54, pero terminou terceira na súa serie e non puido avanzar á final.[1]

Moore tamén competiu nos Xogos Paralímpicos de Río 2016, onde gañou unha medalla de prata nos relevos femininos de 4 × 400 m na categoría T53-54. Terminou en 11ª posición nos 100 m T54 e 10º os 800 m.[3]

No Campionato Mundial de Para Atletismo de 2017 en Londres, Inglaterra, terminou décima nos eventos de 400 m T54, 800 m T53 e 1500 m T54.[4] Moore foi unha das tres paratletas de Geelong, xunto a Martin Jackson e Sam McIntosh, seleccionadas para o Campionato.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Jemima Moore". International Paralympic Committee website. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  2. "Australian Paralympic Athletics Team announced". Australian Paralympic Committee News, 2 August 2016. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2016. 
  3. "Jemima Moore". Rio Paralympics Official site. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  4. "Jemima Moore". International Paralympic Committee website. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  5. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020.