Jehan Sadat

primeira dama de Exipto

Jehan Sadat[1] (en árabe: جيهان السادات Jīhān as-Sādāt ou چيهان السادات Zhīhān as-Sādāt)[2] nada no Cairo o 29 de agosto de 1933 e finada o 9 de xullo de 2021,[3] foi unha profesora exipcia.[4]

Infotaula de personaJehan Sadat

(1995) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) جيهان السَّادات Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) جيهان صفوت رؤوف Editar o valor em Wikidata
29 de xullo de 1933 Editar o valor em Wikidata
O Cairo, Exipto Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 2021 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Exipto Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaUnknown Soldier Memorial (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
First Lady of Egypt (en) Traducir
15 de outubro de 1970 – 6 de outubro de 1981
← Tahia Kazem (pt) TraducirSuzanne Mubarak (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeExipto (1971–2021)
República Árabe Unida (1958–1971)
República do Egito (pt) Traducir (1953–1958)
Reino de Exipto (1933–1952) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo - Doutor en filosofía (–1986) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , escritora , profesora universitaria , Activista polos dereitos humanos , poeta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Carolina do Sur
Radford University (en) Traducir
American University (pt) Traducir
Universidade de Maryland Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnwar el-Sadat (1949–1981) Editar o valor em Wikidata
FillosJamal Sadat (pt) Traducir, Lubna Sadat (en) Traducir, Jikhan Anwar Sadat (en) Traducir, Nukha Sadat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1506971 WikiTree: Safwat_Raouf-1 Editar o valor em Wikidata

Viúva de Anwar Sadat, foi a Primeira Dama de Exipto dende 1970 até o asasinato de Sadat en 1981.

Traxectoria editar

Jehan Sadat, tamén deletreado Jihan, naceu como Jehan Safwat Raouf (en árabe: جيهان صفوت رؤوف Jīhān Ṣafwat Raʼūf ou چيهان صفوت رؤوف Zhīhān Ṣafwat Raʼūf) no Cairo, filla dunha familia de clase media alta dun pai cirurxián exipcio (Safwat Raouf), e unha nai profesora de música inglesa (Gladys Cotterill). A súa nai foi a filla de Charles Henry Cotterill, un superintendente de policía da cidade de Sheffield. Foi criada como musulmá de acordo cos desexos do seu pai, pero tamén asistiu a unha escola secundaria cristiá para nenas no Cairo.

Durante a súa festa de décimo quinto aniversario coñeceu ó seu futuro esposo, Anwar el-Sadat, pouco despois da súa saída do cárcere. Ela e Sadat casaron o 29 de maio de 1949, despois de diversas dúbidas e das obxeccións dos seus pais á idea de que a súa filla casase cun revolucionario sen emprego. El tiña 31 anos e Jehan tiña 15 anos e 9 meses de idade. Sadat foi posteriormente parte dos membros principais do Movemento de Oficiais Libres que levaron á revolución exipcia de 1952, a cal derrocou a monarquía de Exipto e Sudán.

Ó longo de 32 anos, Jehan foi unha esposa de apoio para a crecente carreira política do seu marido, que chegaría a converterse en presidente de Exipto. A súa traxectoria como primeira dama de Exipto serviu para cambiar a vida de millóns de persoas no seu país, e serviu como modelo para as mulleres de todo o mundo. Axudou a cambiar a imaxe do mundo das mulleres árabes na década de 1970, mentres que realizaba traballo voluntario e participaba no servizo non gobernamental en axuda ós menos afortunados.

Notas editar

  1. Jehan Sadat, Ph.D. Arquivado 10 de xuño de 2018 en Wayback Machine. páxina oficial.
  2. Zhīhān al-Sadāt: al-marʼah allatī ḥakamat Miṣr! Entrada de WorldCat (en inglés)
  3. "Jehan Sadat, wife of late Anwar Sadat, dies after short battle with illness: Reports". Al Arabiya English (en inglés). 9 de xullo de 2021. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  4. Zhīhān al-Sadāt: al-marʼah allatī ḥakamat Miṣr! Entrada de WorldCat (en inglés).