Jefferson Memorial

O Thomas Jefferson Memorial é un monumento presidencial de Washington, D.C. adicado a Thomas Jefferson, un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos e o terceiro Presidente dos Estados Unidos. O edificio neoclásico foi deseñado polo arquitecto John Russell Pope e construído polo contratista de Filadelfia John McShain. A construción do edificio comezou en 1939 e foi completado en 1943. A estatua de bronce de Jefferson foi engadida en 1947.[1]

Jefferson Memorial no solpor.

O Jefferson Memorial é xestionado polo Servizo de Parques Nacionais. No 2007, foi clasificado como a cuarta construción arquitectónica favorita de América polo Instituto Americano de Arquitectos.[2]

NotasEditar

  1. Documentation of the Jefferson Memorial. Office of the Historic American Buildings Survey/Historic American Engineering Record (HABS/HAER), of the National Park Service. Mes de setembro de 1994. Library of Congress. Consultado o 13 de outubro de 2008
  2. America's Favorite Architecture. Arquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. American Institute of Architecture.. Consultado o 14 de outbro de 2008

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bedford, Steven McLeod, John Russell Pope: Architect of Empire, Rizzoli International Publications, Inc., New York, NY 1998
  • Goode, James M. The Outdoor Sculpture of Washington D.C., Smithsonian Institution Press, Washington, D.C. 1974
  • The National Parks: Index 2001–2003. Washington: U.S. Department of the Interior.

Ligazóns externasEditar