Jefferson Davis
Jefferson Davis, nado en Fairview, Kentucky o 3 de xuño de 1808 e finado en Nova Orleáns (Luisiana) o 6 de decembro de 1889, foi un soldado e político estadounidense. Foi o presidente dos Estados Confederados de América durante a Guerra Civil Estadounidense.
Jefferson Davis | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jefferson Finis Davis |
Nacemento | 3 de xuño de 1808 e 1808 |
Lugar de nacemento | Fairview |
Falecemento | 6 de decembro de 1889 e 1889 |
Lugar de falecemento | Nova Orleáns |
Soterrado | Cemitério Hollywood |
Nacionalidade | Estados Unidos de América, Estados Confederados de América e Estados Unidos de América |
Alma máter | Academia Militar dos Estados Unidos, Jefferson College e Transylvania University |
Ocupación | oficial, político, empresario, escritor político e escritor |
Pai | Samuel Emory Davis |
Nai | Jane Cooke |
Cónxuxe | Sarah Knox Taylor e Varina Davis |
Fillos | Varina Anne Davis e Margaret Howell Davis Hayes |
Coñecido por | A Short History of the Confederate States of America e The Rise and Fall of the Confederate Government |
Premios | Davis Guards Medal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Orde: | 1º presidente da Confederación |
Duración do mandato: | 18 de febreiro de 1861 10 de maio de 1865 |
Predecesor: | ninguén |
Sucesor: | ninguén |
Data de nacemento | 3 de xuño de 1808 |
Lugar de nacemento: | Fairview, Kentucky |
Data de falecemento: | 6 de decembro de 1889 |
Lugar de falecemento: | Nova Orleáns, Luisiana |
Primeira Dama: | Varina Howell |
Ocupación: | Soldado e político |
Partido político: | Demócrata do Sur |
Vicepresidente: | Alexander Stephens |
TraxectoriaEditar
Antes da guerra, desempeña servizos na lexislatura de Mississippi, e en ambas as casas do Congreso. Loitou na Intervención Norteamericana en México cun rexemento voluntario. Desempeñou despois a Secretaría da Guerra no gabinete de Franklin Pierce.
O 9 de febreiro de 1861 foi elixido presidente dos recentemente creados Estados Confederados de América, establecéndose na capital, Richmond, en maio do mesmo ano. Organizou o exército Confederado, que deu comezo á Guerra de Secesión ao atacar Fort Sumter en abril de 1861.
Aínda que a sorte das armas favoreceu, nos primeiros anos da guerra (1861-1863), aos Confederados ou Sudistas, destacando o seu éxito nas dúas Batallas de Bull Run (xuño de 1861 e agosto de 1862), as cousas cambiaron tralo fracaso da invasión sudista dos territorios do norte, fracaso evidenciado na batalla de Gettysburg (xullo de 1863). Gettysburg marcou o punto de inflexión na guerra.
O 2 de abril de 1865 Davis viuse forzado a abandonar Richmond para trasladarse a Danville, Virxinia. Tras a capitulación do xeneral Robert E. Lee en Appomattox, Davis tratou de fuxir do territorio estadounidense, pero foi capturado en Irwinville (Xeorxia) o 10 de maio de 1865, sendo posto en liberdade o 13 de maio de 1867, trasladándose a Canadá.
Finalmente, puido regresar aos Estados Unidos en 1869, dedicándose a actividades privadas ata o seu falecemento en 1889.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jefferson Davis |