Jeanette Winterson

escritora inglesa

Jeanette Winterson, nada en Manchester o 27 de agosto de 1959, é unha escritora inglesa, cuxas obras poden situarse dentro do campo posmoderno .

Jeanette Winterson
Nacemento27 de agosto de 1959 e 27 de agosto de 1957
Lugar de nacementoManchester e Manchester
NacionalidadeReino Unido
Alma máterSt Catherine's College e Accrington and Rossendale College
OcupaciónNovelista, periodista, dueña de charcutería
CónxuxeSusie Orbach
Coñecida porOranges Are Not the Only Fruit, Sexing the Cherry, Gut Symmetries, The World and Other Places, The Stone Gods, Art Objects: Essays on Ecstasy and Effrontery e Written on the Body
Premiosoficial da Orde do Imperio Británico, John Llewellyn Rhys Prize, E. M. Forster Award, BAFTA de melhor série dramática, Lambda Literary Award for Lesbian Fiction, 100 Mulleres da BBC, membro da Royal Society of Literature e Comandante da Orde do Imperio Británico
Na rede
http://www.jeanettewinterson.com
IMDB: nm0936019 Twitter: Wintersonworld Musicbrainz: 2f88b6be-2dba-4c4f-9be0-8c59c93fb049 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Adoptada por Constance e John William Winterson o 21 de xaneiro de 1960, unha parella evanxélica, creceu en Accrington, Lancashire . Criada na Igrexa Pentecostal de Elim, de nena quería ser misioneira e aos seis anos estaba escribindo sermóns.[1]

Cando con 16 anos díxolle á súa nai que estaba namorada doutra muller, deulle dúas opcións: "Ou marchas desta casa e non volves nunca ou deixas de ver a esa moza".[2] Jeannete deixou a casa, e esta experiencia quedaría máis tarde reflectida na súa primeira obra, Forbidden Fruit, que publicou aos 24 anos. Posteriormente, en 1990, a novela sería adaptada pola BBC para unha miniserie cun guión do autor.

A esta novela seguiron máis dunha vintena de obras nas que se trata con frecuencia o tema do lesbianismo e a identidade sexual, e as relacións entre os seres humanos e a tecnoloxía.[3][4]Está considerada unha das mellores escritoras anglosaxoas da época contemporánea.

Foi condecorada en 2006 coa Orde do Imperio Británico . Colabora habitualmente con publicacións periódicas do seu país.

Notas editar

  1. Libby Brooks. Power surge, The Guardian, 02.09.2000, en inglés; acceso 23.02.3013
  2. Memorias de una familia disfuncional, revista Qué Pasa, 21.02.2013; acceso 23.02.2013
  3. "How the world finally caught up with Jeanette Winterson". www.penguin.co.uk. Consultado o 2022-06-04. 
  4. "Jeanette Winterson: "Creo que conviviremos con 'terminators', pero espero que no nos destruyan"". El Español (en castelán). 2022-06-02. Consultado o 2022-06-04.