Abrir o menú principal

Jean Pierre Droz

deseñador de moeda franco-suízo

Jean Pierre Droz, nado en La Chaux-de-Fonds, no cantón suízo de Neuchâtel, o 17 de abril de 1746, e finado en París o 2 de marzo de 1823, foi un medallista, deseñador de moeda e inventor de orixe suíza e nacionalizado francés.[1][2][3]

Jean Pierre Droz
The Breaking of Camp at Boulogne; and Assuming once more of the Command of the Army by the Emperor. 1805. MET SF85 2 122 obverse.jpg
Busto de Napoleón I nunha
medalla gravada por Jean Pierre Droz
Nacemento17 de abril de 1746
 La Chaux-de-Fonds
Suíza Suíza
Falecemento2 de marzo de 1823
 París
Flag of France.svg Francia
ÁreaDeseño, gravado e cuñaxe de moedas e medallas.
ObrasSerie monetaria Napoleón.
ProxenitoresDaniel Droz e Suzanne Esther Brandt
FillosJules Antoine Droz
editar datos en Wikidata ]

É o pai do escultor Jules Antoine Droz (1804-1872).[2][4]

TraxectoriaEditar

 
Proba en ouro dun escudo de prata francés de 60 soldos de 1786, a nome de Luís XVI, obra de Jean Pierre Droz.

Jean Pierre Droz era fillo de Daniel Droz, un fabricante de apeiros agrícolas, e de Suzanne Esther Brandt. Do seu pai aprendeu desde moi novo as primeiras nocións do traballo con metais, que complementou cos estudos de deseño e de gravado. Aos 18 anos, en 1764, marchou a París, onde cultivou os seus dotes como gravador.[5]

Un dos seus primeiros traballos coñecidos é unha medalla de 1780 para conmemorar a alianza de Luís XVI co bispado de Basilea.[6]

En 1786, o Ministerio de Finanzas francés encomendoulle gravar para Luís XVI un novo modelo de escudo de 60 soldos no marco da reforma monetaria emprendida polo ministro Charles Alexandre de Calonne (1734-1802). Porén, esta moeda non chegou a entrar en circulación e dela cuñáronse só uns poucos exemplares de proba.[2][6]

En Inglaterra foi empregado durante dous anos do destacado industrial e home de negocios Matthew Boulton (1728-1809), quen requiriu dos seus servizos para mellorar a calidade das moedas privadas emitidas pola compañía Boulton and Watts na ceca de Soho, en Birmingham.[7] Alí encargouse ademais da cuñaxe de moeda de cobre para a circulación en Inglaterra e nas súas colonias. En 1789, Droz ideou un colar para a cuñaxe dos cantos das moedas e asegurar a súa forma circular que, malia non ser axeitado para un grande número de moedas, se mantivo en uso nos anos posteriores na Soho Mint.[8] En Inglaterra foi escollido membro da Royal Birmingham Society of Artists e adquiriu unha grande notoriedade como gravador.[2][6][9]

Entre outros traballos, en Birmingham encargouse así mesmo, en 1791, da cuñaxe dos monneron, gravados por Augustin Dupré (1748-1833), que se utilizaban en Francia durante a República.[10] A el débeselle tamén unha innovación que permitía multiplicar o número de cuñaxes realizadas con cada cuño, que foi aplicada tamén na impresión dos billetes coñecidos como assignats.[11][12]

En 1799 regresou a París co cargo de conservador de moedas e medallas do Directorio. [6] En 1802 foi ascendido a Administrador Xeral de Moedas e Medallas de Francia, na Monnaie de Paris, e dous anos máis tarde Napoleón nomeouno conservador do Museo da Casa de Moeda de París, cargo que exerceu ata 1814.[2][13]

 
20 francos (1813) da serie Napoleón, segundo o deseño de Jean Pierre Droz

En 1810 gañou nun concurso que lle permitiu encargarse dos deseños dunha nova serie de moeda circulante francesa, a partir do cal elaborou unhas pezas de proba da moeda de cinco francos de prata a nome de Napoleón I. Esta moeda, caracterizada polo busto do emperador nos seus anversos, é recoñecida como a súa obra máis significativa e dá comezo a unha serie monetaria con valores en ouro de ata 100 francos, baixo a denominación de Napoleón.[2][13]

RecoñecementosEditar

  • 1802: Medalla de ouro da London Exhibition.[14]

Marcas de artista de Jean Pierre DrozEditar

Nas moedas e medallas da súa responsabilidade, Droz gravou a modo de sinatura algunha das seguintes abreviaturas:[1]

  • DROZ
  • DR.F.
  • D.F.
  • J.P.D.
  • J.D.
  • DROZ F.
  • J.P.DROZ F.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxinas 618-628
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Jean-Pierre Droz". En Jeanneret, F.; Bonhôte, J. (1863). Páxinas 265-269
  3. Molard, C. P. (1823).
  4. "Droz, Jules Antoine". En Forrer, L. (1904). Páxina 628
  5. "Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxina 618.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxina 619.
  7. Dick, M. et al. (2013). Matthew Boulton: Enterprising Industrialist of the Enlightenment. Páxina 134. ISBN 978-1-4094-2218-1
  8. Tungate, S. "Droz's Collar. An Innovation in Minting". Soho Mint.
  9. Flynn, B. (2014). A Place for Art: The story of the Royal Birmingham Society of Artists. Royal Birmingham Society of Artists. Páxina 52. ISBN 978-0993029400
  10. Torres, J. (2012). "Auge y caída de la acuñación a volante. Jean-Pierre Droz y Philippe Gengembre". En Revue Numismatique. Nº 168. Páxinas 319-362.
  11. Albigès, L-M. (2005). "De lìnflation à la terreur monétaire: Assignats de janvier 1792". En L'Histoire par l'image.
  12. "The quest for the unforgeable document". En Hunnisett, B. (2018). Engraved on Steel. The History of Picture Production Using Steel Plates. Routledge. ISBN 978-1-138-31138-1
  13. 13,0 13,1 "Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxina 621.
  14. "Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxina 621.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Forrer, L. (1904). Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son. Londres.
  • Jeanneret, F.; Bonhôte, J. (1863). Biographie Neuchâteloise. Tomo I. Locle. Impr. Courvoisie.
  • Molard, C. P. (1823). Notice sur les diverses inventions de feu Jean-Pierre Droz, graveur-mécanicien : relatives à l'art du monnoyage, ainsi qu'à plusieurs autres branches d'économie industrielle. J. P. Jacob Impr. Versalles.

Ligazóns externasEditar