Abrir o menú principal

Jean Floressas des Esseintes[1][2] é un personaxe de ficción creado por Joris-Karl Huysmans como protagonista da novela À rebours (1884).

CaracterísticasEditar

Trátase dun esteta consumado, talvez inspirado na figura real de Charles de Monstesquieu[3],que procede dunha liñaxe nobre e que polo tanto conta cunha copiosa fortuna, se ben asiste impotente á disolución da súa familia. Á idade de 30 anos, perde todo contacto coa sociedade en prol dunha vida illada e sustentada sobre unha sensualidade experimental.[4] É en boa medida un alter ego do autor.[5] Este personaxe é "esteticamente sutil e refinado (...) mantén unha postura de brutal oposición á mediocridade, á superficialidade e ao conformismo co herdado, outorgándolles á arte e á fantasía un papel destacado"[6]. Así mesmo, cabe cualificalo de misóxino[7].

Des Esseintes, un antiheroe, o último elo dunha cadea patolóxica perversa da novela À Rebours de J.-K. Huysmans [...], tenta crear un lugar propicio para o seu método de gozo perverso nun ambiente privado, regresivo e estético, para poder sobrevivir. Nesa soidade, transmite a súa patoloxía e padecementos psíquicos, as súas vivencias conscientes e inconscientes, e tamén o funcionamento intersubxectivo e transxeracional da súa familia por medio de lembranzas, fantasías e soños. Demostra como cadaquén pode ser á vez protagonista e vítima dun tecido patolóxico impregnado de violentas transmisións inter e transxeracionais.[8]

Tanto a obra, A contrafío, coma o personaxe protagonista mereceron o eloxio dos membros da Xeración Nós. O escritor Vicente Risco dedicáballe palabras coma estas á figura de Des Esseintes:

O tipo [o dandi / o inadaptado] deuse adoito na fin do século derradeiro, e atopou cecais a máis nidia expresión literaria no Des Esseintes de Huysmans. O tíduo da novela de Huysmans dío todo: À rebours; porque eso é o que son os inadaptados, os que van a contrafío do seu tempo, os que non acaen cos seus contemporáneos. Des Esseintes é realmente un chiflado, porque evidentemente a eisaxeración do tipo pode ser morbosa, mais por máis que sexa un chiflado, non perde endexamáis a nobreza.[9]

Nunha de moitas críticas aparecidas na prensa da época, o escritor e xornalista católico Firmin Boissin definía así o personaxe[10]:

Abonda con que diga que este tolo [Des Esseintes], que non sabe nin o que odia nin o que ama, chega, abatido pola hipocondría, alterado pola apatía, a alimentarse só con lavativas. O tema carecería de calquera interese se o autor non o adobiase con xuízos literarios, apreciacións estéticas e reflexións filosóficas, políticas e sociais que fan de À Rebours unha estraña macedonia de blasfemias e actos de fe, de feitos crueis e ideais, de misticismo e de sadismo[11]

NotasEditar

  1. Ficha de Jean Floressas Des Esseintes Arquivado 06 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en passioneperlacultura.it. (en italiano)
  2. En ocasións grafado tamén como Jean Des Esseintes (con maiúscula nas dúas palabras que compoñen o apelido).
  3. Ficha de Des Esseintes en Universalis.fr (en francés).
  4. Ficha do personaxe na Biblioteca británica (en inglés)
  5. Huysmans. Catolicismo bueno y catolicismo malo. El secreto de la Iglesia. (en castelán)
  6. Texto na contracapa da obra na súa versión en galego (traducida por Isabel Soto e publicada en 2016 por Editorial Hugin e Munin).
  7. Annette Trefzer e Ann J. Abadie. Global Faulkner, Universidade de Mississippi (Dpto. de Literatura comparada), 2009, cap. "Artificial Women, Pygmalion Paradigm, Mosquitoes", páx. 139.
  8. Le Divan familial 2011/2 (N° 27), páx. 149-164. ISBN 97828483521217
  9. "Esteticismo e terribilità na obra poética de Lois Pereiro", por Manuel Outeiriño no Boletín da Real Academia Galega, núm. 372, pp. 127-143.
  10. BOISSIN, F, «À rebours par J.-K. HUYSMANS», en Polybiblion Revue Bibliographique Universelle, xullo de 1884.
  11. A tradución dende o francés é de Isabel Soto para ""Algunhas claves para ler A contrafío, unha novela de Joris-Karl Huysmans".

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar